Burela, 30 de abril de 2016.- O CD Burela FS Pescados Rubén loitou contra vento e marea en terra hostil para cumprir coa súa décimo cuarta vitoria consecutiva e arrebatarlle o liderado ao Atlético de Madrid Navalcarnero na súa casa, co apoio de máis dun centenar de afeccionados laranxas. As pupilas de Lucas remontaron en dúas ocasións a dianteira do Futsi e marcaron o definitivo 2-3 no último minuto, un resultado que lles outorga a primeira praza de Primeira RFEF con 1 punto de vantaxe sobre as madrileñas a falta de catro xornadas para o final ligueiro.
O equilibrio e a intensidade reinaron sobre a pista de La Estación con dous equipos máis que decididos a non cometer erros e sen deixar ceder nin un ápice de cortesía ao rival. As locais conseguiron adiantarse a falta de pouco máis de tres minutos para o descanso nun rexeite tras lanzamento ao segundo pau de María Sanz.
As filas galegas apostaron por imprimir máis intensidade e dominio nos primeiros compases do segundo período. Gaby, no minuto 24, igualou a contenda a balón parado. Os máis de cen afeccionados laranxas tiveron que ver como volvía poñer terra por medio o Navalcarnero, con Amelia, nas proximidades do ecuador da segunda parte, tras recuperación na pista burelista. Armáronse de máis paciencia e coraxe, cun toque extra de concentración as mariñás, para non ceder ante nada; apostaron desde o minuto 30, con Bea Mateos liderando o xogo de cinco. No 36 apareceu a oportunidade de ouro; volveron as merecidas táboas ao luminoso cun penalti transformado por Peque. No último minuto, a animada e ruidosa bancada laranxa estalou de alegría co 2-3 de Peque, en colaboración con Dany.
Vista Alegre acollerá o regreso da liga, tras o Torneo de Moscova (6-8 de maio), o domingo 15 coa visita do Roldán Jimbee FS.
Ficha técnica
Atlético de Madrid Navalcarnero: Estela, Ju Delgado, Leti, Ariane, Amelia, cinco inicial; tamén xogaron Desi, Marta Pelegrín, María Sanz
CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Dani, Peque, Bea Mateos, Maite, cinco inicial; tamén xogaron Gaby, Claudia, Ceci
Goles: 1-0, minuto 17, María Sanz; 1-1, minuto 24, Gaby; 2-1, minuto 29, Amelia; 2-2, minuto 36, Peque (penalti); 2-3, minuto 39, Peque
Árbitros: David Martín Sanz e Javier Sanz, do colexio madrileño. Por Navalcarnero a Ju Delgado (minuto 36). Por Burela FS a Gaby e Jozi (minuto 29)
Incidencias: Partido correspondente á 26ª xornada da Primeira División RFEF disputado en La Estación con máis de 100 afeccionados laranxas






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
