Foz, 1 de maio de 2016.- O grupo municipal socialista se sinte satisfeito de levar unha proposta crible, boa para os veciños de Foz e legal. Proposta que ca abstención do grupo popular, ou sexa un si, sae adiante.
O grupo municipal socialista de Foz, unha vez mais, resolve.
Dende o grupo municipal socialista nos preguntamos ¿a que xoga o alcalde de Foz?. Presenta unha modificación da ordenanza da taxa de auga potable cunha subida do 10%, proposta de alcaldía, sen estudo técnico-económico. Segundo informe de intervención:”…non consta o citado informe no expediente….circunstancia que constitúe un defecto esencial no expediente que o vicia de nulidade”, resulta que ese informe elaborado pola empresa concesionaria,GESTAGUA, solo o ten o alcalde….Os grupos da oposición non o temos, o interventor non o ten….O alcalde SI, no lo mostrou na sesión plenaria do xoves. É mais, por un momento afirmou que o resto de grupos o tiñamos, pero claro despois tivo que desmentirse a si mesmo.
O grupo municipal socialista solicita a retirada deste punto da orde do día, competencia esta do alcalde-presidente, por:
Non coñecer o estudo técnico-económico necesario para a modificación
Porque o informe de intervención , asinado dixitalmente o luns 25, se nos envía o xoves 28 ás 11 da mañá sendo a sesión plenaria ese mesmo día. Incumprindo unha vez mais, como xa é a súa costume, a lei: “ Toda la documentación de los asuntos incluídos en el orden del día que debe servir de base al debate ….deberá estar en disposición de los miembros de la corporación desde el mismo día de la convocatoria en la Secretaría de la misma”
O alcalde-presidente non a retira, sen embargo non a quere debater….¿por que? O PSOE propón deixala enriba da mesa, posto que o alcalde non a quere nin retirar nin debater. Proposta aprobada por todos os grupos da oposición.
Na comisión de pleno o alcalde considerou que a proposta de suba de taxa do equipo de goberno e a proposta do PSOE debían verse de maneira conxunta, por iso no punto número tres se debate a nosa proposta. Proposta moito mais completa, proposta que da unha visión de conxunto. Nela partimos de dúas premisas:
-Ingreso por parte da empresa concesionaria, GESTAGUA, ó Concello de Foz das cantidades pendentes pola recadación de taxas de lixo e saneamento, segundo informe de intervención dende o 05/05/2015. Débeda que estimamos en 600.000€ porque no orzamento de ingresos do ano 2015 aparece: SERVICIO DE RECOGIDA DE BASURAS 690.000,00€, aínda non recibimos o informe solicitado ó Concello sobre a cantidade exacta.
-Que a empresa concesionaria aporte os xustificantes necesarios para a determinación da débeda. Porque a día de hoxe solo o Sr. Castiñeira, o seu equipo de goberno e a empresa concesionaria GESTAGUA ratifican a cuantía da débeda. O informe de intervención di: “… ás magnitudes económicas non poden ser acreditadas ….posto que corresponden a datos que en todo caso posúe o concesionario e non o concello….”. O informe de secretaría di: “….falta de información rigurosa que permita suscribir las obligaciones económicas que adquiriría el Ayuntamiento de Foz….” Os servizos xurídicos que representan o Concello no contencioso din: “ Ninguno de los documentos presentados por la concesionaria ha acreditado la existencia de desequilibrio económico, y ello a pesar de habérsele requerido expresamente….Se incumplen incluso las obligaciones de suministrar información sobre el estado del servicio”
A proposta do PSOE sae a diante, ainda que ca abstención do PP escudándose en querer engadir unha enmenda á nosa proposta: o alcalde de Foz pretendía instarse a si mesmo a contratar unha empresa auditora. Sr Castiñeira si quere contratar unha auditoria para saber a deuda do Concello con GESTAGUA, entonces ¿Cómo se atreveu a traer fai 15 días a pleno unha rescisión admitinto a deuda que agora pon en duda? E ¿ como se atreveu a traer o pleno do xoves 28 unha suba de taxa, si esta suba está totalmente ligada o recoñecemento da cuantía da débeda? polo visto agora non o ten claro e pretendía instarse a si mesmo a contratar unha empresa que o constate.
Desde o grupo municipal socialista como xa afirmamos no pleno, cremos necesaria unha empresa especializada para redactar un prego de condicións cara ó remate do contrato actual e/ou analizar a posibilidade de municipalización do servizo. Pero Sr. Alcalde iso pode facelo vostede soliño, non fai falta que se inste a si mesmo. Iso si, faiga vostede unha contratación transparente, non como nos ten acostumados.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



