MANIFESTO DO CPXG NO DÍA DA LIBERDADE DE PRENSA
Cada vez que se xuntan agora máis de tres xornalistas, o encontro despide un aroma fúnebre. Ás veces é mesmo un funeral cheo de entusiasmo, como cando aparecen os grandes teóricos da revolución permanente para sentenciar que o vello xornalismo está morto e vendernos un ilusionante futuro no que fariamos de robots multitarefa, capaces de escribir textos, gravar comentarios de voz, facer fotos e vídeos, elaborar gráficos, subilos á Rede e propagalos por ducias de canles. Todo ao mesmo tempo, por menos de 1.000 euros ao mes.
Como todas as liturxias, a dos días mundiais de calquera cousa tamén teñen un certo aire fúnebre. Por iso resulta difícil fuxir da tentación de debullar nun día como o hoxe o longo inventario de calamidades que nos azoutan dende hai tempo. E por iso se cadra hoxe é máis necesario que nunca ser optimistas. Aínda que só sexa porque, como dixo alguén, nestes tempos o optimismo converteuse case nunha obriga moral.
Ser xornalista é un privilexio. Pero non porque che permita coñecer xente interesante e poderosa, sentirte parte dos grandes acontecementos, facerte famoso e -nalgún caso- ata gañar moitos cartos. A marabilla de ser xornalista é que che permite cambiar o mundo. Non o mundo enteiro dunha vez, mais si cousas relevantes que forman parte do que nos arrodea. O mundo xa non foi o mesmo dende que o primeiro xornalista logrou entrar en Hiroshima e contar o horror. España xa non foi a mesma dende que se publicaron os papeis de Bárcenas. Galicia xa non foi a mesma despois de que os xornalistas rachasen o bloqueo informativo sobre a catástrofe do ‘Prestige’. Non hai nada máis potente que a verdade. Por iso ter un oficio que consiste en contar e desvelar verdades é un agasallo. Por iso non podemos ser pesimistas. Non nos podemos permitir o luxo de ser pesimistas.
Todo privilexio conleva unha responsabilidade. Convén non esquecelo: o que estamos a reclamar hoxe non é un dereito noso, senón de toda a cidadanía. A nosa liberdade de expresión é a garantía de que a xente poida estar ben informada. Pedimos por nós para pedir por todos. Outra razón máis para pensar que este é un oficio do que sentirse orgulloso.
Podemos ser optimistas se nos esforzamos en non perder de vista nunca que estamos servindo á sociedade. Non só -por importantes que sexan- ás nosas lexítimas ambicións persoais, á nosa carreira, ás nosas aspiracións económicas… Nin sequera -en caso de conflito- á empresa que nos paga. Ao único que nos debemos finalmente é ao dereito dos cidadáns a estaren informados. A información non nos pertence a nós, pertence á sociedade. Se temos iso sempre en conta, hai razóns para ser optimistas. A xente está incomodada con nós precisamente porque nos necesita. Reclámanos que lle contemos o que alguén -normalmente os poderosos- non quere que se saiba.
Precisamos, iso si, coraxe e sentido da responsabilidade. Temos que defender o noso traballo e non consentir nunca poñer o noso nome ao servizo de campañas políticas ou de manipulacións informativas instigadas por escuros intereses. Debemos ter sempre presente que, por moitas presións que recibamos, os xornalistas dispoñemos dese dereito último a retirar a nosa sinatura, o noso rostro, a nosa voz. Temos que defender algo tan sinxelo e tan complexo como a verdade. Se actuamos con eses criterios non debería haber ningún motivo para non sermos optimistas.
O día de hoxe leva unha denominación que entre nós vai quedando anacrónica. Hai partes do mundo onde aínda é preciso loitar pola liberdades de prensa e de expresión. En Occidente, sen embargo, nunca houbo tanta liberdade de prensa e de expresión. A Rede permite case a calquera difundir case calquera cousa. O que si está en perigo en Occidente é a calidade da información e a independencia dos grandes medios, en mans ou de gobernos – non dos intereses públicos- ou de conglomerados financeiros. O que está en perigo é que a verdade quede sepultada entre moreas de medias verdades, relatos prefabricados, burda propaganda e espectáculo banal travestido de xornalismo.
Iso afecta non só ao conxunto do noso oficio senón a cada un de nós individualmente, porque pon en cuestión a credibilidade profesional e a moral cívica de cada de un. Pero iso mesmo fai de nós os únicos capaces de librar esta batalla. Sen nós, de momento, non se poden facer xornais de papel ou dixitais, informativos de radio ou de televisión. Ninguén nos pode pedir que sexamos heroes, pero ninguén de nós pode fuxir tampouco dunha responsabilidade decisiva, xa non só como xornalistas, senón como cidadáns. Se estamos á altura, deberiamos poder ser optimistas. Depende de nós.
Xosé Hermida, xornalista e colexiado do CPXG.
















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



