Foz, 3 de maio de 2016.- O Concello de Foz rematou a obra de asfaltado no viario que comunica as rúas Alfredo Brañas e Río Masma, cerca do campo de fútbol Martínez Otero. Ademais resolveu o problema ocasionado pola auga nunha estrada da Deputación ao seu paso polo lugar de Mourente, na parroquia de San Martiño.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, salienta que “no día de hoxe quedan rematadas as obras de pavimentación do viario que vai dende a rúa Alfredo Brañas á Río Masma, moi cerca do campo de fútbol Martínez Otero de Foz e próximo tamén da praia, onde o ano pasado se instalaron arredor de 150 prazas de aparcadoiro público, ao negociar co propietario esa cesión”.
O rexedor subliña que “desde que se fixo este aparcadoiro era moita a xente que pasaba por esta vía, que estaba sen rematar ata o día de hoxe. Fíxose ese pavimentado e ensanchouse incluso. É unha vía que queda no centro do núcleo urbano e polo tanto era algo necesario que a xente vai agradecer e moitos dos veciños que viven aquí víñano demandado”.
Javier Castiñeira anunciou tamén este martes que “unha empresa de obras contratada polo Concello tamén deu solucionado no lugar de Mourente, na parroquia de San Martiño, un problema de augas que atravesaba a estrada da Deputación. Dimos aviso aos técnicos da Deputación para que pasaran a velo, pero quedou practicamente solucionado polo Concello. Era algo que nos reclamaran no pleno a través dunha moción de Foz Plataforma de Futuro. Os técnicos da Deputación quedaron contentos e a colaboración entre o Concello e a Deputación fixo que ese problema estea xa resolto”.





















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



