O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Presidenta da Asociación Española contra o Cancro en Lugo –AECC-, Mari Luz Abella, participaron este xoves na Cuestación Anual que realiza este colectivo na mesa recadatoria situada no Pazo de San Marcos. Campos Conde reivindicou “que Radioterapia no Hula funcione a pleno rendemento, xa que moitos doentes de Lugo teñen que seguir desprazandose a outras provincias par ser atendidos”. Isto débese a que as instalacións do Hopsital lugués só teñen capacidade para atender ao 50% dos lucenses que sofren cancro. Por este motivo, a Deputación, ao igual que miles de lucenses, siguen reclamando á Xunta un servicio completo de Radioterapia ao igual que teñen as restantes provincias galegas. De feito, esta é unha das petición que máis de 43.000 lucenses fixeron na ILP co maior respaldo na historia do Parlamento galego, aprobada por unanimidade, pero sen cumprirse.
Os datos da AECC din que 1 de cada 3 homes, e 1 de cada 4 mulleres, serán diagnosticadas de cancro ao longo da súa vida. 1.500.000 españois sofren esta enfermidade. E cada ano aparecen 200.000 novos casos.
“Síntome moi orgulloso de estar hoxe aquí, convosco, traballando, colaborando e apoiando a Asociación Española contra o cancro, porque son consciente de que esta enfermidade pódese curar cos avances médicos, pero sobre todo impulsando e mellorando a prevención. Dende a Deputación de Lugo, estamos a vosa disposición para traballar, para colaborar e para reivindicar máis investimentos en prevención, en campañas de investigación e en apoio as familias”, sinalou Campos.
O lema de este ano da campaña da AECC é “No te imaginas todo lo que un euro pone en marcha”, a asociación ten colocadas varias mesas pola capital luncense. A cuestación servirá para financiar proxectos de investigación oncolóxica, prestar asistencia psicolóxica ou desenvolver actividades con cativos afectados.






















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



