Ribadeo, 5 de maio de 2016.- A concelleira de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño, Paz Ermida, valora de xeito positivo as bandeiras azuis que conseguiron neste 2016 as praias de As Catedrais e Os Castros-Illas, así coma o sendeiro que discorre entre o faro da Illa Pancha e As Aceas.
A edil nacionalista sinalou que “é un motivo de alegría e de orgullo polo recoñecemento ao traballo feito ao longo de todos estes anos. Neste caso no novo equipo de goberno estamos a recoller o testigo da labor realizada polos compañeiros da Concellaría de Medio Ambiente, sobre todo de Horacio Cupeiro, que era o que levaba todo isto”.
Ermida explicou que “este ano obtivemos novamente o galardón para as praias de As Catedrais e Os Castros-Illas e tamén para o sendeiro azul que vai desde o faro da Illa Pancha ata As Aceas. E gustaríame tamén parabenizar ao Club Náutico de Ribadeo, que é o quen xestiona o porto deportivo, que tamén obtivo ese galardón. E aínda que non é xestionado polo Concello tamén merece ser recoñecido e parabenizado”.
A concelleira de Sostibilidade Ambiental “a bandeira azul é o recoñecemento ao saber conxugar o turismo cunha educación e unha sostibilidade ambiental, que cada vez é máis necesaria e importante. Trátase de ver reflectido nun distintivo a labor diaria de manter o entorno, de conservalo, e de saber destinalo a un turismo sostible que non deteriore o medio natural e marabilloso que nos acompaña”.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



