Lugo, 7 de maio de 2016.- O PSOE de Lugo celebrou este sábado no Torre de Núñez unha xornada informativa sobre a Lei do Solo. O voceiro Urbanismo no Parlamento galego, José Bugallo, e o técnico da Escola Galega da Administración Pública (EGAP), Raúl García Martínez, coincidiron en que esta normativa supón serias limitacións para os Concellos.
Unha das cuestións máis graves que conleva a Lei do Solo é que os Concellos de menos de 5.000 habitantes quedaron sen potestade para aprobar planeamentos básicos, que teñen a posibilidade de facer en substitución dos PXOM que requiren os municipios con maior poboación.
Estes agora teñen que ser elaborados pola Xunta, supoñendo un investimento duns 80.000 euros por Concello, que debe facer a administración autonómica e que non contempla. Hai que ter en conta que en Galicia hai 203 planeamentos básicos pendentes.
Na provincia de Lugo, hai 21 Concellos sen o seu necesario PXOM. Dita Lei modifica substancialmente os plans avanzados, bloqueando a súa tramitación.
Os socialistas remarcaron que a Lei de Solo establece maiores limitacións á autonomía municipal e á renuncia ao obxectivo de normalización da situación urbanística dos Concellos. Ademais, reduce de xeito significativo as proteccións en solo rústico, ao tempo que se renuncia á ordenación e protección do medio rural.
Por outra banda, o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, como representante socialista de Lugo na dirección da FEGAMP, deu conta dos últimos acordos deste organismo. Ademais, recolleu todas as propostas que os socialistas lucenses consideran que deben ser obxecto de debate da Federación Galega de Municipios de Provincias.



















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



