Mondoñedo, 9 de maio de 2016.- O Concello de Mondoñedo amplía o prazo de inscrición no I Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas ‘Florea o teu balcón’, dada, segundo o Goberno local, “a boa acollida que está a ter polos veciños”.
O prazo de inscrición estará aberto ata o sábado 28 de maio e os interesados poderán anotarse no portelo de atención ao público da Casa do Concello de Mondoñedo. Deberán indicar o nome, apelidos e DNI do participante, xunto ao enderezo dos balcóns participantes.
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, explica que o concurso, unha vez remitidos os dípticos informativos coas bases ás vivendas, “está a ter moi boa aceptación, polo que decidimos ampliar o prazo de inscrición ata a véspera do Domingo de Corpus”.
O certame fora presentado pola alcaldesa, Elena Candia, e o edil e ambos explicaron que o que se pretende é a posta en valor dos balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade, “porque detrás de cada balcón ornamentado existe unha moi importante contribución cidadá á mellora estética do noso casco urbano, que cobra importancia especialmente coa chegada da primavera e verán”, engaden.
Bases
No certame poden participar todos aqueles particulares que dispoñen de balcóns ou ventás que reúnan as condicións mínimas necesarias para ser decorados ornamentalmente con flores e plantas. O alcance do concurso será o casco urbano da cidade de Mondoñedo, incluíndo casco histórico e os barrios tradicionais de Os Muíños e San Lázaro.
O xurado realizará visitas periódicas nos meses de maio, xuño e xullo e valorará, entre outros aspectos:
– O estado de conservación e mantemento semanal dos balcóns.
– A orixinalidade na ornamentación.
– A variedade e calidade florística.
– A innovación de especies e a colocación de elementos accesorios tales coma xardineiras, colgantes, etc.
Composición do xurado
O xurado cualificador estará integrado por representantes de cinco asociacións de Mondoñedo elixidas a sorteo, un representante da ACIAM, dous profesionais do sector da xardinería e un representante de cada centro educativo do municipio. O resultado do concurso farase público a segunda quincena do mes de xullo, mentres que os premios entregaranse en agosto.
O Concello de Mondoñedo establece tres premios. Un primeiro dotado con 200 euros; un segundo de 150 euros e un terceiro por importe de 100 euros. Todos eles levarán un diploma acreditativo para colocar no balcón galardoado.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



