O pasado domingo día 8 de maio disputouse o Cto Provincial de Bádminton Escolar para as categorías benxamíns, alevíns, infantís e cadetes no Pavillón Antonio Tarrío de Viveiro onde se deron cita os xogadores clasificados das fases comarcais de A Mariña, Terra Chá e da comarca do Sur de Lugo: arredor de 100 deportistas das entidades EDM Viveiro, Martínez Otero de Foz, O Pilar de Foz, ED Bretoña, ED Vilalba, Salto do Coro de Mondoñedo, ED Taboada, Colexio A Merced de Sarria e ED Chantada.
O dominio absoluto da proba foi para os xogadores viveirenses das EDM Viveiro, adestrados por Uxío Rodríguez e Miguel Fernández, que lograron pleno de vitorias en tódolas categorías.
CADRO FINAL
Categoría benxamín mixto
1. MARCOS TIMIRAOS (EDM VIVEIRO)
2. ALEX DE LA FUENTE (A MERCED SARRIA)
3. MIGUEL TIMIRAOS (EDM VIVEIRO)
4. ADRIAN LÓPEZ (E.D. CHANTADA)
Categoría alevín feminina
1. CARLOTA BALTAR (EDM VIVEIRO)
2. CLARA VÁZQUEZ (EDM VIVEIRO)
3. NEREA SALGUEIRO (EDM VIVEIRO)
4. SARA LÓPEZ (E.D. CHANTADA)
Categoría alevín masculina
1. DAVID SÁNCHEZ (EDM VIVEIRO)
2. SAUL FERNÁNDEZ (A MERCED SARRIA)
3. MANUEL FERNÁNDEZ (E.D. VILLABA)
4. ARM MIRABEDINI (E.D. CHANTADA)
Categoría infantil feminina
1. ESTHER CABANAS (EDM VIVEIRO)
2. CARLOTA TRIGO (EDM VIVEIRO)
3. EVA REY (EDM VIVEIRO)
4. LUCÍA RODRIGUEZ (MARTÍNEZ OTERO)
Categoría infantil masculino
1. XOEL EIJO (EDM VIVEIRO)
2. ANXO SAMPAYO (E.D. CHANTADA)
3. JORGE GARCÍA (O PILAR FOZ)
4. OSCAR GALLARDO (E.D. CHANTADA)
Categoría cadete feminino
1. ELENA REY (EDM VIVEIRO)
2. MARÍA VÁZQUEZ (EDM VIVEIRO)
3. IRENE GARCÍA (MARTÍNEZ OTERO)
4. DARÍA PÉREZ (E.D. CHANTADA)
Categoría cadete masculino
1. JOSÉ HERMIDA (EDM VIVEIRO)
2. PABLO OTERO (MONDOÑEDO)
3. JUAN PINO (EDM VIVEIRO)
4. DAVID FERNÁNDEZ (MONDOÑEDO)
Fixeron entrega de premios D. Carlos Blanco, como representante da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e D. Emilio Villarmea, concelleiro de Deportes do Concello de Viveiro.




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
