Foz, 9 de maio de 2016.- O grupo municipal de “Foz, Plataforma de Futuro” mostra o seu desacordo coa decisión do actual equipo de goberno do Concello de Foz do Partido Popular, de querer privatizar a xestión das novas instalacións da residencia de anciáns e centro de día.
“Foz, Plataforma de Futuro” apostamos e creemos con firmeza que esta xestión debe ser 100% publica, mantendo así a posición mantida no Pleno do mes de Novembro, na cal FPF votamos a favor dunha moción presentada polo BNG para que a xestión desta nova residencia fose pública. Que calquera ancián dependente ou non teña dereito ó uso desas instalacións independentemente do seu factor económico.
Temos que facilitar en todo o posible, a maneira de que moitas familias con dependentes ó seu cargo poidan conseguir unha praza pública na nosa residencia ou centro de día, para que a conciliación familiar-laboral sexa posible.Creemos que a Xunta de Galicia ou o equipo a quen pertenza ten que apostar por inverter o noso diñeiro, o diñeiro de todos, nas persoas que mais o necesitan ,neste caso ,os nosos anciáns.
Estamos en contra de dar a xestión a mans privadas, como ultimamente está a suceder coas maneiras de facer política do Partido Popular, e en contra das dúas ofertas que nos presentou o Alcalde de Foz para a súa xestión, xa que as dúas, pasan porque a xestión da nova residencia e centro de día sexa privada,así mesmo, manifestar que dende FPF defenderemos que todos os residentes que hoxe en día se atopan na actual residencia pasen ó novo centro, xestións que teñen que ser feitas polo Alcalde do noso Concello.
Somos conscientes que non custará o mesmo unha praza sendo xestionada de forma pública, que xestionada por unha empresa privada,polo tanto esiximos igualdade independentemente do estatus económico, das persoas que queiran optar a unha praza sexa na residencia ou no centro de día.
Non estamos pola labor de ver como se usa o diñeiro público, o de todos nós, para facer unha residencia pa “ricos”, unha residencia que non poidan usar os nosos maiores con mais dificultades económicas, eses maiores que teñen unha paga mínima e que non dispoñen de medios materiais para ser atendidos en condicións. Eses maiores, que son a maioría, loitaron e traballaron arreo para poder disfrutar hoxe en día dos seus impostos pagados ó longo dunha vida,e non todos poderán facer uso desta residencia, porque está feita para aqueles poucos que dispoñan dunha paga mensual elevada. Nós non queremos ser cómplices deste “atraco”.
Cónstanos que existen mais concellos que tiveron a mesma situación ca nós, e que a transición de mans privadas á xestión pública foi de total tranquilidade,incluíndo que os residentes conservasen a súa praza.
Polo cal non nos quedan dúbidas de defender ata o último alento que os nosos impostos sexan invertidos no benestar e na calidade dos nosos anciáns sen que repercuta economicamente de novo nos seus petos.


















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



