Lugo, 9 de maio do 2016.- Xosé Ferreiro, Delegado de Cultura na Deputación de Lugo, presentou na mañá deste luns o programa da Semana dos Museos, vinculada á celebración do Día Internacional do Museos, que se celebra o 18 de maio. Xunto a el estiveron tamén Esther López, en representación do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), Encarna Lago, Xerente da Rede Museística Provincial, e Aurelia Balseiro, Directora do Museo de Lugo.
O programa de actividades proposto para este ano 2016 abrangue os catro Museos da Rede Museística e tamén, por vez primeira, o CENTRAD, Centro agora xestionado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. Así, tendo en conta que este ano o ICOM (Consello Internacional do Museos) adica o Día Internacional dos Museos ás paisaxes culturais, no programa ideado desde a Área de Cultura da Deputación destacase en gran medida a relación dos Museos coa súa propia contorna.
Xosé Ferreiro explicou que o conxunto das actividades propostas está pensado desde un enfoque de “museos comunitarios, implantados na sociedade e pensados para todas e todos” dixo. Así mesmo, o Delegado de Cultura da Deputación sinalou que “este ano, por vez primeira, incluímos o CENTRAD como espazo no que se desenvolverán tamén actividades desta Semana dos Museos, buscando a integración deste Centro na actividade Área de Cultura. Así, ao longo desta semana, na que tamén celebramos o Día das Letras Galegas e a Noite dos Museos, teremos un amplo e variado programa de actividades, abertos a todo o público e a todas as idades”, concluíu.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



