Burela (Lugo), 11 de maio de 2016.- A Consellería do Mar está a mellorar as instalacións para a frota profesional de Burela coa colocación dun novo pantalán de 36 metros que complementa ao instalado hai tres meses. O seguimento destas e outras obras foi obxecto da reunión que hoxe mantivo o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, co patrón maior de Burela, Basilio Otero, e con representantes de Armadores de Burela Sociedade Anónima (ABSA). Esta xuntanza, celebrada nas instalacións do cabido, foi solicitada pola confraría para tratar exclusivamente temas relacionados coas instalacións do porto.
A colocación deste pantalán suporá un notable aumento no número de prazas de atraque para a terceira lista. Está formado por tres módulos de doce metros cada un, o que permitirá a atracada das embarcacións polas dúas caras. A colocación desta infraestrutura aboiante suporá uns 60.000 euros, que completan así a instalación hai tres meses doutro pantalán, que supuxo un investimento doutros 60.000 euros.
Nesta reunión fíxose un seguimeno das obras en marcha e das que actualmente están en fase de tramitación. Entre elas a da construción dun segundo martelo para un maior abrigo das instalacións portuarias e para facilitar a operatividade das embarcacións deste porto.
Tamén se trataron outros asuntos relativos ao mantemento e conservación das instalacións portuarias, como diversas reparacións e a substitución dalgúns elementos de amarre dos buques e a mellora dos accesos aos peiraos desde o mar. Ademais o presidente de Portos recolleu outras propostas realizadas polos representantes da confraría e de ABSA, que serán valoradas polos técnicos do organismo portuario.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



