Despois duns pinchos moi atractivos e sabrosos na zona de San Román, Folgueiro e Abrela a pasada fin de semana, este venres 13 e sábado 14 pola noite será a segunda parte desta tradicional cita na primavera do Vicedo.
Nesta segunda fin de semana son 6 os locais hosteleiros-Cafetería Casa da Cultura, Mesón O Remo, La Bodeguita del Puerto, Café Galatea, Merendero Los Árboles e Café Bar San Esteban- que ofrecen pinchos a 1,5 €. Como novidade este ano os clientes poden votar pola calidade do pincho en urnas instaladas nos propios locais e entre todos os votos sortearanse 200€ en vales de compra.