Monforte, 12 de maio de 2016.- A presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, o voceiro do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro e o secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Ángel Tellado, clausurarán o VIII Congreso Extraordinario Provincial de Novas Xeracións, que se celebrará este sábado na localidade de Monforte de Lemos.
A cita dará comezo ás 11:00 horas no restaurante monfortino Don Manuel. Dende as 13:15 horas procederase aos discursos de peche do Congreso, nos que tamén intervirán o presidente de Novas Xeracións de Galicia, Diego Gago Bugarín e o secretario xeral de Novas Xeracións nacional, Javier Dorado Soto.
Horario do congreso
Segundo explica o presidente da Comisión Organizadora do Congreso, Fernando Carreiras, a recollida de acreditacións de compromisarios e invitados abrirase ás 11:00 horas. Tras a benvida do presidente do COC e o acto de inauguración por parte do presidente da Mesa do Congreso, Diego Campo; intervirá a presidenta do Partido Popular de Monforte, Julia Rodríguez.
A lectura do relatorio, que leva por título ‘Todos Facemos Provincia’ e cuxo prazo de presentación de emendas remata hoxe, será sobre as 11:45 horas ao que seguirá a presentación do informe de xestión por parte do secretario xeral saínte, Fernando Carreiras.
A quiroguesa Rosa Arza é a unica candidata oficial á presidencia de Novas Xeracións da Provincial de Lugo e tal e como anunciou, de ser elixida, estará acompañada no seu equipo polo focense Roberto Fernández e o lucense Pablo Flópez. Así, unha vez realizada a votación, a proclamación do presidente electo será sobre as 12:50 horas. Acto seguido, intervirá o presidente provincial saínte de Novas Xeracións, Daniel Vega, e o novo dirixente electo da formación político xuvenil.
Stand redes sociais e xantar da mocidade
Durante a celebración do Congreso, o Partido Popular tamén disporá dun Stand sobre redes sociais e novas tecnoloxías.
O congreso pecharao un xantar da mocidade no que participarán simpatizantes e afiliados de Novas Xeracións da Provincia de Lugo.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



