Burela, 12 de maio de 2016.- O salón de actos da confraría de escadores San Juan Bautista acolle este xoves e venres as XXIII Xornadas Técnicas Expomar. O alcalde e presidente da Fundación organizadora, Alfredo Llano, salienta a importancia para Burela da celebración desta cita ao ser o porto un referente en todo o litoral cantábrico.
O rexedor salientou que “imos ter uns poñentes de moita altura. Hoxe vai estar Miguel Peña Castellot que falará dos Descartes na política común de Pesca, Carlos Larrañaga abordará o Programa Operativo Español. Despois temos unha coñecida nestas xornadas e aquí é moi apreciada como Carmo García Negro, que vai falar da Valoración da Política Común de Pesca no Presente Pesqueiro”.
Alfredo Llano engadiu que este xoves “imos ter un bo día, imos comezar con bo nivel. Teño que dicir que estas xornadas son unha referencia clara para o sector e debe ser algo que se mova anualmente. É moi eficaz que estas xornadas se fagan no noso concello. Hai que ter en conta que Burela é un referente clarísimo na pesca, en todo o litoral cantábrico é moi coñecido e debe ser un dos pobos impulsores de todo este tema”.
O presidente da Fundación Expomar dixo: “estou observando nos últimos anos que non soamente ven xente do sector, non soamente veñen armadores, mariñeiros ou exportadores, senón tamén ven xente preocupada polo que come ou polas especies que van quedando. Hai un tema que se vai tratar mañá que é a comunicación das alertas sanitarias. Agora mesmo podemos pensar que ao mellor non todo o peixe garda as condicións óptimas cando se pesca, o que son as toxinas, a preocupación de cómo se pesca e onde se pesca, penso que tamén son cuestións que van preocupando a forma de conservar, de conxelar, de comercializar os produtos”.
O alcalde de Burela agarda que “estas xornadas sirvan por un lado para atender á problemática e as preocupacións do sector, pero por outro lado tamén vemos que cada vez acude máis xente atendendo a estas conversas porque son de interese xeral”.
Alfredo Llano “invita a todo o mundo a que participe nestas xornadas. Poden acudir a partir das 16:30 de hoxe e mañá tamén no salón de actos da Cofradía. Van ter poñentes moi interesantes mañá como son Jaime Mejuto, que falará da Situación dos Stocks, José Miguel Mulet da Comunicación das Alertas Alimentarias e Alertas Sanitarias, Javier Garat de Análises e Visión do Sector Pesqueiro e Laura Rodríguez Zugasti de Certificacións MSC e Trazabilidade dos Produtos Pesqueiros”.
E engadiu que “tamén mañá pola mañá imos ter os encontros empresarias que sempre son unha oportunidade para o mundo empresarial, que despois de horas de análise sacan unhas conclusións que penso van ser moi interesantes”.
O rexedor burelés concluíu manifestando que “serán dous días moi activos que van ter repercusión no sector e na xente preocupada que terá oportunidade de coñecer moito máis do que é o mundo do mar”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



