Burela, 12 de maio de 2016.- As obras da nova escola infantil rematarán durante este ano. Iso agarda o alcalde, Alfredo Llano, que este mércores se reuniu co responsable do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez. O rexedor lembrou que a intención do equipo de goberno era abrir a instalación en setembro, “pero é posible que non dea tempo, debido aos permisos e aos traballos que hai que executar”.
O rexedor contou que “nosoutros imos ter en pouco tempo aquí a visita do Consorcio. Onte pola tarde estiven falando con Perfecto Rodríguez, que é o xerente do Consorcio. Estivemos falando de cómo imos traballar en Burela, enseguida virán por aquí e miraremos o convenio que tíñamos firmado con eles anteriormente e o que se quere poñer en vigor a partir do ano 2016. Veremos tamén as obras e xestión da nova escola infantil”.
Alfredo Llano explicou que “agora mesmo estamos pendentes de que se fagan unha serie de obras, que algunhas están relacionadas con ADIF porque imos facer unha escollera no patio da escola infantil e necesitamos un permiso de ADIF para facela e nas condicións que se vai facer. Hai que lembrar que falta por completar o que é o valado perimetral da zona da escola, colocar as tubaxes de residuais e pluviais e conectalas, colocar a luz que xa está en marcha e despois axardinar e poñer aquilo agradable para que sexa bo para que poida ser empregado polos usuarios, polos rapaciños que van ir alí”.
O alcalde de Burela subliñou que “a nosa intención sería abrir en setembro, pero dado o carácter das obras e os permisos igual non podemos abrir en setembro. Pero este ano si que se remata esa obra para comezar o antes posible”.
Llano participou este mércores na reunión da Comisión Federal da Fegamp na que se falou do financiamento dos centros de día e escolas infantís, que formen parte do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e da condonación da débeda que os concellos teñen contraída desde hai tempo ata o 50%. Os que teñan pagamentos pendentes poderán fraccionalos e abonalos nun prazo de cinco anos.
Na Fegamp tamén se falou das pistas municipais. O rexedor burelés manifestou que “con respecto ao uso das pistas municipais, por exemplo cando se traballa con madeira, coas talas, transporte e preparación dela, faise unha desfeita grandísima nos viarios municipais. Tamén pode haber mal uso cando hai carreiras ou outros eventos de vehículos 4 por 4, que deixan as pistas moi desfeitas. É unha preocupación en todos os concellos e é bo que haxa un regulamento básico que sexa soporte para todos os municipios. Entón fíxenlle unha proposta á Fegamp para que mova, como organismo, a elaboración dun documento que nos sirva para aplicar todos os concellos, porque desa maneira non existirán diferenzas entre municipios limítrofes e todos poidamos aplicar aproximadamente ese regulamento, que sexa interesante para o sector madereiro. Hai que falar con eles e chegar a un acordo que figure nun documento que realmente sirva para todos os concellos”.
Alfredo Llano indicou que “esa proposta tívose en conta e penso que se vai traballar, como xa se fixo nalgunha ocasión, cos madeiristas e tamén cos promotores de eventos de vehículos todoterreo para regulalo todo e sintetizalo nun documento que debe servir para todos os concellos. Así que entre a Xunta de Galicia, a Fegamp, os propietarios e os xestores da madeira, así como os organizadores de eventos deportivos con vehículos, vanse poñer a traballar para elaborar un documento para todos os concellos”.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



