No Día das Letras Galegas, adicado ó poeta. Coida un que o mar de Manuel María, como o de Leiras Pulpeiro ou o de Alvaro Cunqueiro, era o mar de Foz. Os tres o tiñan ao norte e a Chaira luguesa e o val de Mondoñedo aquí a saída natural ó océano.
Gardamos na memoria de rapaz a lembranza dos labregos chairegos que, polo remate do verán, tralas duras faenas da sega, a malla e demais labores do campo, chegaban á beiramar a repoñer os seus corpos esgotados, cos nove baños preceptivos e os correspondentes días de vagar. Eran os chairegos de Manuel María que por uns días abandonaban a tribo para acudir á reparadora visita do seu mar…
Acaso non poda decirse que o poeta tivese amores co mar: os seus amoríos eran mais íntimos, mais próximos, daí que a súa lira vibrase con mais emoción ante a presencia do minúsculo Cepelo ou, noutra dimensión, co pai Miño,”un río de luz, polo que algún día habemos navegar”. “O mar — decía él –, é moi grande e eu moi pequeno”.
A evidencia non significa que o vate non fose sensible á realidade maxestuosa do mar, chegando a identificalo co home: ”Nós somos mar. Estamos rodeados, cinguidos polo mar; e mesmo a amosar a inquedanza pola problemática social e fala “das noites de trebón / que fan naufragar a embarcación”, así como da exigua soldada do traballador… ”ao ver o precio do peixe/ é xusto que me queixe/ que non coide normal o diñeiro/ que o mariñeiro/ percibe de xornal…”
Manuel María foi asíduo do mar de Foz, ó que cantou en versos florecidos na súa louvanza .” O mar de Foz, amiga, de ronseles floridos/ polo que navegan os versos mais floridos/. O mar de Foz, amiga, de gaivotas e navíos / leva por mareas os soños mais esguíos./ O mar de Foz, amiga,o mar dos mariñeiros / ten camiños de gozo e camiños tristeiros./ Eu a navegar, tan soio no meu mar”. “Sinto ó mar en mín, chamarme /coa súa voz rouca, enorme, poderosa/.
É o meu vello amigo/o mar de Foz quen me reclama:/ coñezo o seu recendo rexo e masculino/ e quéreme ó seu pé, / perto dos marñeiros, / dos labregos, / das xentes populares/ para darnos a súa forza/ e poñer en pé a nosa patria.
viu Manuel María as emotivas festas mariñeiras da Virxe do Carme, das que foi pregoeiro, e no relato “Cando o mar foi polo río” levou ó protagonista, Manuel de Paderna, ás festas do San Lourenzo e a bañarse na Praia da Rapadoira. Sen dúbida foi o de Foz, o mar de Manuel María.
Suso Fernández

















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



