Ambientado na época actual, împreuna, é un espectáculo mergullado integramente nos códigos artísticos do circo (malabares, aereos, acrobacias e clown), todo isto, sen renunciar á fusión sen complexos con outras artes vivas como a danza, o teatro físico e a comedia.
O espectáculo descubre ao espectador a vida interior do circo a través das vivencias dunha troupe de 7 artistas. As pequenas aventuras cotiás destos seis personaxes teñen como intención levar ao público a participar dunha viaxe polo mundo das relacións en grupo, unha visita polos valores do circo: a amizade, a familia, o traballo en comunidade, a solidariedade e a cooperación.
A representación este espectáculo colectivo de novo circo dirixido a un público adulto no que interveñen Raquel Oitaven, Pablo Reboleiro ” Trasno”, Antonio Delgado ” Antuan”, Ariñe Azkue, Alfredo Pérez ” Fredi” e Óscar Páez desenvolverase o sábado 21 de maio a partir das 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro da man de Pistacatro.