BURELA (FNC) .- A edil de Educación, Lucía Bouza, asegura que nunca houbo tantas actividades extraescolares nos CEIP de Burela e tantas coidadoras nos seus comedores como na actualidade. Así resposta ás críticas verquidas nas últimas horas desde o PP burelés nas que aseguraban que a política de educación do Concello é nula.
A concelleira socialista sinala que “unha vez máis, como ven sendo costume, o PP de Burela critica ao goberno municipal sen aportar nada novo e, por suposto, sen recoñecer os avances que se teñen dado con grande esforzo”.
Lucía Bouza explica que “é certo que o Concello de Burela se viu obrigado a anular as axudas directas en metálico, mais isto viuse contrarrestado cun maior esforzo inversor nos dous CEIP de Burela, que viron como se lles compraban materiais cuxo custe debería asumir a Consellería de Educación, xa que o Concello só está obrigado a facer cuidados de mantemento. Aproveito tamén para lembrarlle aquí ao PP que a Consellería de Educación este último verán non cumpriu con ningunha das peticións dos colexios, como era a súa obriga”.
A responsable de Educación en Burela suliña que a súa Concellería “esforzouse duramente para que a oferta de actividades extraescolares de ambos CEIP fora maior que nunca e, de feito conseguímolo, posto que nunca as nais e os pais de Burela tiveron unha oferta tan ampla: actividades medioambientais coa Aula Gaia, inglés lúdico, expresión plástica e corporal, e outra longa relación de actividades deportivas que organiza paralelamente a Delegación de Deportes”.
Bouza engade que “o PP asume a reponsabilidade da creación dos comedores escolares, que penso que máis ben foron creados polas respectivas Asociacións de Pais e Nais dos colexios. Dí tamén o PP que comezaron a pagar as cuidadoras de comedor, cousa que penso era a súa obriga. Porén, nunca houbo tantas coidadoras como hoxe en día (nove en total), grazas tamén ao esforzo da Concellería de Educación por destinar os cartos para facilitar a vida das familias de Burela”.
A concelleira dille ao PP que “non deben pedir que os Concellos asuman os efectos dos recortes de gasto que a Consellería de Educación ven practicando dende que o PP asumiu o goberno da Xunta de Galicia, posto que eles sí que aumentaron, e moito, o gasto que as familias teñen que facer para que os seus fillos e fillas estuden no ensino obrigatorio”.




















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



