Ribadeo, 23 de maio de 2016.- A antiga oficina de turismo acolle desde este luns a exposición Los indianos se visten de cine, que organizan un grupo de empresas de Ribadeo e de Madrid e a asociación Las Taradas. Na mesma pódense ver traxes que se empregaron na rodaxe de diversas secuencias das películas Belle Époque (1992), Bella Otero (2008), Memorias del agua (2012) e Doutor Zhivago (1965). A mostra estará aberta ata o 29 de maio, polas tardes de martes a venres, e o sábado e o domingo pola mañá e pola tarde.
Nuria Yribarren explicou que “se trata de una iniciativa nueva, que surgió en la Fiesta Indiana del año pasado de un grupo de amigas y de amigos, que lo que pretendemos es divertirnos, pasarlo bien y hacer a Ribadeo partícipe de este momento”. Maite Rodríguez sinalou que “como tenemos una amiga vinculada con el vestuario de cine, ella también forma parte del proyecto, y a raíz de ahí nos pusimos a trabajar. Así fue cómo surgió la idea de la exposición y de la apertura de la tienda”. E Lourdes Santos engadiu que “estamos encantados con este proyecto y esperamos que la gente disfrute mucho. Nosotros nos lo pasamos muy bien trabajando en el montaje”. Nuria, Lourdes e Maite son Las Taradas, do mesmo xeito que Ana e Rosy López. Da organización forma tamén parte José Luis Nevado, de North Sea; La Cose Canta e Cuarto Ropero.
Ao acto de inauguración, que tivo lugar na tarde deste luns, asistiron o concelleiro de Cultura ribadense, Farruco Graña, e o presidente de Acisa, David Martínez.
Graña dixo que “para o Concello de Ribadeo e para toda a xente de Ribadeo é un pracer que unha iniciativa como a Festa Indiana, que está tendo tanto éxito, siga medrando, siga supoñendo novas iniciativas. Este Indianos vístense de cine a verdade é que unha encantadora e preciosa exposición, eu recomendo a todas as persoas que se acheguen porque qué cousa máis bonita que o cine para soñar, pero soñar cos pés no chan sabendo construír porque achegarse ata aquí e ver algúns fotogramas dalgunhas películas que todos puidemos gozar nas salas de cine e posteriormente comodamente no sofá da nosa casa. Estou mirando agora aquí este traxe que se utilizou para a rodaxe de Belle Époque, que a min esa película tráeme moi entrañables recordos, porque foi unha película encantadora, mirando para unha época difícil para o país, pero con moita tenrura, con moita delicadeza, creando novas ideas”. E recomendou “a todas as persoas que se acheguen porque terán ocasión de gozar do cine e ao mesmo tempo ir poñendo en marcha pouco a pouco ese gran soño colectivo para todas as persoas que somos de aquí ou amigos, parentes nosos que se poidan achegar neses días, eu xa teño a casa practicamente ocupada de persoas que me din faime un oco para ir ese fin de semana a Ribadeo. É encantador. Dar os parabéns, as felicitacións a estas tres señoras que con tanto mimo prepararon a exposición, tamén ao compañeiro que nos acompaña hoxe porque dá gusto ver que as ideas frutifican, que dan lugar a novas iniciativas e que damos a imaxe dun Ribadeo dinámico, emprendedor e con moito futuro. Parabéns pola iniciativa”.
David Martínez manifestou que “desde Acisa estamos encantados coa iniciativa. Hai que dicir que isto demostra o incrible que é en tres anos o que se fixo co Ribadeo Indiano, que conseguimos que en tres anos xurda esta iniciativa de aluguer de material, de roupa e de todo. Eu creo que isto demostra como gustou á xente, como se implica a xente de Ribadeo e que veñades de Madrid e xente de aquí de Ribadeo a facelo é incrible. Moitas grazas por todo. Eu creo que a xente pode gozar destas cousas tan bonitas e ademais de velas alugalas é marabilloso”.
Os organizadores da exposición agradecen a colaboración de todas as firmas que decidiron apoiarlles para levar a cabo esta nova iniciativa: Sastrería Cornejo, O Fuxo, La Lira, A Dorada do Cantábrico, La Solana, San Miguel, Nevada, Cabás, La Botellería, Petit Toe, Botana, Portobello, Vila do Val, De boca en boca, North Sea, Boutique Barbería, Banda Municipal de Música de Ribadeo, Amodiño, Oviedo, Ribanzo, Salomé, Alberto Vilar Yribarren, Titto Pizza, Alo e Óscar Gochicoa.
Aluguer de roupa e complementos para a Festa Indiana
Las Taradas abren tenda este martes nas galerías da rúa Villafranca del Bierzo para alugar roupa e complementos indianos. Estará aberta en horario comercial pola mañá e pola tarde. Segundo explican as organizadoras “será posible alquiler por ejemplo faldas o blusas desde 10 euros, complementos desde 5 euros… la ropa será toda para alquiler y en el caso de sombreros, bolsos, pajaritas, corbatas o tocados podrán adquirirse a precios asequibles”. A tenda estará aberta ata o 15 de xullo “unos días después de la celebración de la tercera Fiesta Indiana de Ribadeo, con el objetivo de recoger todos los trajes, toda la ropa, todo lo que hayamos alquilado”.




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



