Viveiro, 23 de maio de 2016. O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro ven de rexistrar no Concello unha solicitude, onde insta a Alcaldesa-Presidenta Viveirense a elevar unha proposta de resolución ao pleno da corporación para pedir o fin do bloqueo económico, comercial e financiero imposto por EEUU durante máis de cincoenta anos á Républica de Cuba. Resolución que foi aprobada recentemente no Parlamento Galego e no concello de Cangas do Morrazo, ademáis de estarse a tramitar noutros concellos de Galiza como Pontevedra, Poio ou Bueu, entre outros, e na cal se recolle a resolución 69/5 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas onde 191 dos seus 193 países membros esixiron no 2015 a Washington o fin do embargo á nación caribeña.
Con esta proposta o BNG de Viveiro quere sumarse á campaña impulsada en Galiza pola Asociación Cubana-Galega Haydee Santamaría “Por un 2016 sen Bloqueo a Cuba”, xa que as/os nacionalistas entenden que o pobo viveirense non debería quedarse atrás nesta demanda colectiva a favor do fin do embargo ás nosas irmás cubanas e irmáns cubanos. Dous pobos vinculados pola historia e onde as viveirensas e viveirenses temos unha débeda solidaria con Cuba por acoller a moitas das nosas e dos nosos familiares emigrantes e exiliadas/os da Guerra Civil española e pola axuda económica recibida durante décadas que discurriu desda a illa cubana a Viveiro.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



