Lugo, 24 de maio de 2016.- O Grupo Provincial do PP acusa ao bipartito na Deputación de votar a favor dunha das reclamacións aos Orzamentos, a referente ao centro de día e residencia da terceira idade da Pontenova, e dicir agora o voceiro dos socialistas que os levarán aos tribunais.
“Que explique o señor Álvaro Santos se o que quere é denunciar o que el mesmo vota, porque xa é unha práctica á que nos empezan a ter acostumados despois de retirar propostas que eles mesmos presentan, como fixeron co POS”, explica a voceira, Elena Candia.
Un goberno en permanente contradición
Esta contradición do bipartito, engade, demostra que a postura do PSOE responde a un bloqueo político, posto que non hai ningún argumento ou informe xurídico que impida que se aproben as melloras que Grupo Provincial do PP propuxo a través das súas reclamacións. A voceira do PP, Elena Candia, pregúntalle ao presidente se cando se trata da Pontenova non le os informes cos que xustifica que levarán as reclamacións do PP ante os tribunais.
Sen data para o Pleno
Os populares critican ademais que, tras ter solicitado un pleno extraordinario o pasado xoves, cinco días despois, PSOE e BNG aínda non deran conta de cando se vai celebrar.
O PP presentou o mesmo día do Pleno unha solicitude dunha sesión extraordinaria na que se poda aprobar o documento mellorado coas reclamacións que os populares sacaron adiante. Os Grupo Provincial do PP pediu ademais que nesa mesma sesión se aproveite para someter a votación o Plan de Obras e Servizos (POS).
A voceira do PP censura ademais a parálise que vive a entidade Suplusa, cuxo funcionamento é vital para a provincia, posto que se ocupa da xestión dos parques empresarias e das residencias, entre outros cometidos. Os populares pediron un consello de administración o pasado 31 de marzo e a Deputación non convoca ata finais do mes de xullo.
“Esta demora na celebración da reunión demostra as poucas ganas que teñen de traballar por esta provincia”, explica.
Control dun goberno en minoría
Candia insiste na necesidade de contar cos mecanismos que garantan que se cumpre co Presuposto aprobado pola maioría da Corporación. Explicou ademais que as reclamacións feitas polo PP cumpren coa legalidade, tal e como se precisa nos informes técnicos: as emendas (…) non presentan ningún incumprimento ou circunstancia que conlevara a informarse de xeito negativo por parte dos servizos xurídicos e de Intervención.
“O que imos garantir é que teñamos os mecanismos que garantan que o diñeiro público chegue ao destino que nos demandan os lucenses, polo que deberan tomar consciencia dunha vez por todas de que están en minoría e precisan acordos para poder gobernar”, conclúe.

















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



