Xunta directiva da S.C.R. Ledicia. Un ano mais Burela está de festa e polo tanto, de procesión…
Novamente a comisión de festas confía na S.C. R. Ledicia para a organización das procesións, feito que representa para nós unha honra, pero tamén unha inmensa responsabilidade, especialmente o sábado, día en que se procesiona dende a igrexa parroquial ate o porto, e no que a asistencia de público é mais numerosa.
Non podemos decir que Ledicia sempre organizou as procesións, pero sí que dende que Ledicia existe sempre participou como acompañamento musical a través do grupo de música tradicional, e como “escolta” das imaxes que representan a San Xoan e á Virxe do Carme os integrantes do grupo de baile.
Cremos profundamente que cada persoa que participa das procesións ten o seu motivo para facelo. Dende a organización –e co consello do párroco- tratamos de establecer unha estrutura formal para que se leven a cabo coa maior tranquilidade posible, tanto para os participantes directos como para o público que as contempla.
Co paso do tempo, novas agrupacións musicales se sumaron á procesión, moitas persoas que non teñen que ver co grupo visten o traxe tradicional e se suman a esa “escolta” que acompaña con devoción e solemnidade as imaxes que representan aos patróns da vila, e honran asi a memoria dos nosos antergos a través da música e a roupa que levan. Non é o lugar que ocupamos o importante, senón o motivo polo que nos reunimos.
Ledicia non prohíbe a ninguén ir na procesión, ao contrario, convidamos a participar e conseguir entre tod@s unhas procesións fermosas por dentro e por fora.
Como responsables da organización recordamos que vestir o traxe tradicional require coidar certos detalles, no caso que nos ocupa moi especialmente os que teñen que ver coa igrexa. As mulleres deben levar sempre o pelo recollido da cara e a cabeza cuberta en relación coa indumentaria que vistan; as nenas ata a idade de facer a comuñón teñen licencia para levar o pelo ó aire (pero recollido). Para as procesións xeralmente vestimos de gala, con zapato escuro –preferiblemente negro e de cordón- e inda que levamos máis adornos do habitual hai certas cousas que non casan con este traxe (reloxos de pulso, pulseiras, móviles…); e se o tempo amenaza chuvia, virá ben un paraugas negro. Tamén debemos lembrar que non estamos nun desfile ou nunha sesión de fotos; hai tempo antes e despois para posar, pero unha vez comezada, a procesión require compostura.
Ao longo do percorrido somos cerca de trinta persoas controlando a orde e pendientes d@s participantes da procesión; é importante seguir as nosas recomendacións, xa que non pretendemos molestar a ninguén, senón buscar a seguridade de tod@s.
Gracias pola vosa colaboración, e desculpas polos erros que podamos cometer.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



