Viveiro, 26 de maio de 2016.- O pasado xoves 19 de maio os alumnos da UNED Senior da aula de Viveiro da asignatura TERTULIAS LITERARIAS fixeron unha viaxe cultural, aproveitando o Día dos Museos, á Casa Museo De Emilia Pardo Bazán, na Coruña e á Real Academia Galega. A visita ao Salón de Actos da Real Academia Galega permitiulles coñecer a historia da institución, o seu funcionamento, a súa situación actual, as personaxes da intelectualidade galega que estiveron vinculadas á institución, así como feitos históricos relevantes na nosa cultura e a visita á Casa-Museo tivo como finalidade a creación dun espazo de reflexión e debate sobre o mundo das letras, da cultura e da sociedade a través de Dona Emilia Pardo Bazán.
