Bruxelas, 26 de maio de 2016.- Durante o serán e noite deste mércores a Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, na que a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, é titular para o Grupo da Esquerda Verda Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), organizou unha audiencia pública baixo o título Medidas excepcionais de mercado para limitar a produción láctea.
Entre as expertas/os convidados, a voz do pequeno e mediano campesiñado europeo estivo por Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego (SLG), en representación da Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC), organización proposta por Lídia Senra para participar neste espazo.
Vilalba evidenciou a nula eficacia do enfoque das institucións europeas en relación ao sector leiteiro -nomeadamente a aplicación do denominado Paquete Lácteo e o fin das cotas leiteiras-, “o sector lácteo da UE está a padecer unha caída continuada dos prezos en orixe dende inicios de 2014”.
Os datos dispoñibles correspondentes ao primeiro trimestre de 2016, revelan un prezo medio de 27’72 céntimos por litro, pero a realidade é moito máis preocupante, aclarou, “na Galiza hai máis de 500 granxas que están a vender o leite por baixo dos 20 céntimos e unhas 2.000 non superan os 25 céntimos”. Unha situación insostíbel que se traduciu na desaparición de 900 explotacións leiteiras tan só no último trimestre do ano 2014.
Para frear este descenso no prezo do leite, “cómpre unha baixada da produción xeralizada e obrigatoria e apostar por un modelo resiliente”. En relación aos contratos, Isabel Vilalba reiterou a necesidade de fixar un prezos mínimos que cubran custes de produción e remuneren o traballo.
“Temos que apostar por unha política pública que regule os prezos e garanta que a cidadanía identifique o leite como un produto nutritivo e de calidade”, alentou. “As políticas lácteas europeas estannos afogando”, resumiu con contundencia a representante da CEVC.
A eurodeputada de AGE, encetou a súa intervención advertindo “é lamentábel que a única proposta posta enriba da mesa por parte do Consello sexa agardar a ver a luz ao final do túnel”. Senra cuestionou duramente a resposta dada dende as institucións europeas á crise do sector leiteiro: “como é posíbel que facendo tantos estudos a Comisión Europea non fora capaz de prever que ía haber un exceso de produción, cando dende o sector organizacións como a Coordenadora Europea Vía Campesina se lles estaba repetindo constantemente?”, inqueriu.
“É fundamental reflexionar e pensar seriamente que medidas podemos adoptar para axustar a oferta á demanda. Non se pode deixar a produción leiteira en mans das grandes multinacionais”, espetoulles Senra.

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



