Lugo, 27 de maio de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular rexistrou este venres na Deputación a proposta de Orzamentos “mellorada” para o seu debate na sesión plenaria extraordinaria solicitada polos populares. “Vémonos obrigados a substituír ao Goberno da Deputación para que a provincia teña os orzamentos que precisa”, dixo a o voceira dos populares, Elena Candia.
Dende o Grupo Provincial dos populares lucenses presentaron este documento co “único afán” de que “a Deputación teña uns Orzamentos cos que darlle resposta ás verdadeiras demandas dos veciños e veciñas da provincia e garantir que o destino dos fondos se dirixa ao fin para o que foron aprobados”.
Ademais de rexistrar o documento cos informes xurídicos que avalan a súa legalidade e dirixido a Presidencia, os populares tamén lles farán chegar copia das contas ao Grupo do PSOE, ao do BNG e ao deputado non adscrito “para que fagan as súas achegas se así o consideran”. “Procuramos que a provincia conte na menor brevidade posible cuns Orzamentos, que permitan desbloquear a parálise na que vive inmersa a Deputación de Lugo”, expuxo Candia.
“O actual Goberno bipartito na Deputación de Lugo nin traballa, nin negocia, nin lle importa a provincia” e centran a súa tarefa “unicamente en colocar escollos que impidan que saian adiante uns Orzamentos bos para os lucenses”, asegura a popular, quen engade que, neste afán de paralizar a institución, “as contradicións dos socialistas e nacionalistas están a aflorar de xeito continuado. Primeiro votaron a favor das nosas reclamacións, despois din que nos levarán aos tribunais e agora pídennos unha proposta de orzamentos cando foi o Grupo do PP o que o mesmo día do pleno de debate das contas solicitou xa a celebración dunha sesión extraordinaria para a aprobación duns Orzamentos mellorados coa inclusión das reclamacións dos populares, que cumprían coa legalidade e foran xa aprobadas”.
A popular lamentou a falta de interese do presidente provincial por aprobar un orzamentos “necesarios para a provincia” e dixo que “por riba de todo está a actitude de chegar a acordos”, xa que o “consenso é a mellor forma de traballar”. “Se empregase a mesma capacidade negociadora á que recorreron para aprobar a moción de censura, os lucenses terían Orzamentos dende hai meses”, precisou Candia.
Unhas contas melloradas, que se axustan a legalidade
As contas presentadas hoxe polo Grupo do PP inclúen as reclamacións dos populares aprobadas no último pleno, e que cumprían coa legalidade tal e como recollen os informes de Intervención e Secretaría da Deputación: “… que non presentaban ningún incumprimento ou circunstancia que conlevara a informarse de xeito negativo por parte dos servizos xurídicos e de intervención”.
Así, a proposta de orzamentos inclúe modificacións nas bases de execución do documento para que existan mecanismos de control que garantan o cumprimento das contas e que deste xeito o diñeiro público teña o destino para o que foi aprobado; ademais de que se cumpra coa base de que o órgano plenario será o competente para a concesión de subvencións. De igual xeito, os populares suman outras demandas dos lucenses como é a da mellora do Plan de Obras e Servizos, a de maior axuda en servizos sociais ou as da aprobación de residencias para A Pontenova e Becerreá.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



