Burela, a 27 de maio de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela anunciou este venres que a Xunta de Galicia vén de concederlle ó concello burelés un incremento nas horas do servicio de axuda no fogar, modalidade de dependencia (SAF-Dependencia), de 4.884 horas anuáis, é decir, 407 horas por mes, que se poden empezar a empregar desde este vindeiro mes de xuño. Estas horas de axuda a domicilio serán asignadas ás persoas que teñen o grao de dependencia recoñecido, e resolto o denominado PIA (Proxecto Individual de Atención). Polo tanto, disfrutarán destas horas as persoas que esteñan incluidas no PAR-SAF (Programa de Asignación de Recursos). Deste xeito, Burela pasará de 20.436 horas/ano a 25.320 horas/ano de SAF-Dependencia”.
Para os populares, “ésta é unha mui boa noticia para as persoas con dependencia do noso concello, porque disporán dun 24% máis de horas das que se viñan dispoñendo. O que quere decir que por cada catro persoas atendidas na actualidade se poderá atender unha máis”.
Por ese motivo, desde o GMP “animamos ós familiares de persoas co RECURSO DE SAF NO PIA CORRESPONDENTE RESOLTO a que contacten directamente coa concelleira de Servicios Sociais ou coa Alcaldía, para que lles informen personalmente con máis detenemento destas cuestións, porque se poden empregar estas horas xa a partires do mes que vén”. Tamén deben preguntar á concelleira ou á Alcaldía aqueles familiares de persoas que esteñan tramitando nestes momentos o PIA, para enterarse debidamente de cómo poden acceder a esas horas de servicio de axuda no fogar.
Os populares indican que “éste incremento de horas débese ó aumento das contías destinadas nos presupostos da Xunta para o SAF-Dependencia para todos os concellos, o que demostra o elevado compromiso da Xunta que preside Alberto Núñez Feijoo cos máis necesitados, neste caso as persoas dependentes. Pero tamén se debe ó traballo feito polo anterior goberno municipal, que en catro anos e en época de crisis conseguiu recuperar as horas perdidas polo biparitito e incrementar substancialmente as horas de axuda a domicilio: o goberno municipal do PP foi quen de multiplicar por dous en catro anos as horas adicadas a SAF-Dependencia. Pasamos de 11.904 horas/ano en 2011 a 20.436 horas/ano en 2015, que eran as horas que se viñan aplicando hasta o momento. E estes bós antecedentes pesaron, e moito, á hora de asignar as novas horas”.
Os populares manifestaron que “por unha vez imos confiar na capacidade do goberno local de comenzar a aplicar estas horas dende xa, para non perder ningunha hora e polo tanto non perder nin un solo euro, xa que horas perdidas ou non aplicadas a ningún beneficiario, e euros perdidos, significarían unha futura diminución do número de horas e polo tanto do importe asignado, o que iría en detrimento das persoas con grao de dependencia recoñecido e PIA resolto. Advertimos que estaremos mui pendientes de esta circunstancia, porque hai que lembrar que no goberno bipartito perdéronse nada menos que 90.000’00€ en SAF (30.000’00€ en básico e 60.000’00€ en dependencia), que o goberno municipal do PP tivo que recuperar en 2012 para poder seguir atendendo ás persoas con dependencia recoñecida”.
Por iso, indican os populares, “pedímoslle ó alcalde e á concelleira de Servicios Sociáis que se poñan a traballar inmediatamente, e que procuren que se adxudiquen todas as horas concedidas e que non quede ningunha sola sin xustificar. Como sabemos do tempo que invisten tanto o alcalde coma a concelleira na toma de decisións, estaremos atentos ó que faigan e se non se adxudican as horas con celeridade denunciarémolo para que o goberno municipal cumpra coa súa obriga. E tamén por eso é polo que animamos ás familias a que se personen na alcaldía e na concellería de Servicios Sociáis para que lles expliquen a aplicación destas horas a maiores, que pode ser cáseque inmediata”.
Finalmente, lembran que “a concelleira de Servicios Sociáis, despóis de paralizar os cursos para mulleres, ainda tardou cinco ou seis meses en retomalos. Que non se lle ocurra facer o mesmo coas horas do SAF-Dependencia”.


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



