Nota de Prensa
Os populares afirman que o BNG tan só busca xerar alarma social e polémica sen ningún tipo de fundamento
O PP ASEGURA QUE AS DECLARACIÓNS QUE CÓMPRE DESAUTORIZAR SON AS DO VOCEIRO COMARCAL DO BNG PORQUE NON SE ENTEIRA DE NADA
• No PP están convencidos de que o 90% dos veciños da Mariña asumen e comprenden as palabras do Presidente da Xunta, garantindo a continuidade da área sanitaria e a autonomía do Hospital da Costa, que ademais ampliará o seu catálogo de servizos.
A Mariña, 05 de outubro de 2009.- No Partido Popular da Mariña creen que as declaracións públicas que cómpre desautorizar pola súa falta de realidade e evidente manipulación son as do voceiro comarcal nacionalista, Antonio Veiga, en relación coa sanidade pública mariñá. Os populares están convencidos de que o 90% dos veciños da Mariña asumen e comprenden as palabras do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a través das que non só garantiu a continuidade da área sanitaria da Mariña senón que tamén adiantou que o Hospital da Costa manterá a súa autonomía e ampliará a súa carteira de servizos
CATASTROFISMO NACIONALISTA
No PP comarcal insisten en que o discurso catastrofista dos nacionalistas respecto dunha hipotética perda de servizos no Hospital da Costa tan só ten por obxecto xerar alarma social e polémica, pero non ten ningún fundamento tal e como aclararon tanto o xefe do Executivo galego como a Conselleira de Sanidade. Os populares están convencidos de que no BNG andan ao remolque das iniciativas do PP e neste senso lembran que os nacionalistas e os socialistas tiveron que votar a favor dunha proposición non de lei dos populares na se instaba á Xunta a garantir a continuidade da área sanitaria.
PREGUNTAS EN COMISIÓN, PARA SER OBXECTO DE DEBATE
Os populares emprazan aos nacionalistas a facer as preguntas que teñan que facer de xeito oral, diante dunha Comisión Parlamentaria da Cámara galega. Probablemente agora fan as preguntas por escrito porque non teñen a valentía de facelo oralmente, pois moi seguramente nun debate a realidade dos feitos, permitiría sacarlle as cores.
NON ENTENDE OS ORZAMENTOS
Finalmente desde o PP explican que os orzamentos da Xunta para 2010 contemplan un investimento superior ao millón de euros para acometer as actuacións incluídas no Plan director do Hospital. “Se o señor Antonio Veiga non sabe miralo, o mellor que podería facer e buscar a alguén que llo explique, para que o entenda, e non ande metendo a pata continuamente, non só cando fala de sanidade senón cando fai todo tipo de declaracións públicas poñendo de relevo que non se enteira de nada”



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



