Lugo, 28 de maio de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo denuncia este sábado que o Goberno bipartito venda “só fume” ao anunciar unha nova de ordenanza do Servizo de Teleasistencia Social no Fogar. “Están a enganar aos veciños e especialmente aos nosos maiores e dependentes, ao vender como novidades no servizo de Teleasistencia o que sempre foi así”, precisan, ao tempo que lembran que foi o Goberno de Candia “o que deu o paso para asumir o 100% do custe do servizo”.
Os populares aseguran que co Goberno do PP na Deputación nunca se cobrou ningún tipo de copagamento aos seus usuarios. “Sempre foi unha prestación para todos, cunha asistencia inmediata nos seus propios fogares co sinxelo dispositivo telemático”, explican. A única diferenza establecida dende aquela é a de que coa chegada ao Goberno de Elena Candia a Deputación asume integramente o custe do Servizo de Teleasistencia, que cos socialistas e nacionalistas no ente lucense debían cubrir nun 50% os concellos. É dicir, foi un Goberno popular o que introduciu máis facilidades aos municipios. Polo tanto, “a gratuidade para os usuarios non é unha novidade ”, recalcan.
Deste xeito, dende o Grupo do PP na Deputación critican que o voceiro socialista fale de “melloras, cando non son reais” e explican que no relativo a novas altas, estábase ante un servizo paralizado dende 2007 polo que urxía dar novas inscricións, pero “fano enganando á cidadanía xa que anuncian 500 terminais novos, que xa existían e non se cubrían por desidia e parálise do Goberno provincial”. O prego de licitación do servizo contemplaba 1.555 terminais cun custo de 335.880 euros, publicado no BOP de 14 de marzo de 2013. O máximo de terminais que chegaron a estar operativos foron 1.320, baixando mes a mes sen dar unha soa nova alta coa realidade de que na actualidade son 917 terminais. “Entraron numerosas solicitudes de alta no servizo que nunca se chegaron a materializar”, lamentan.
Pese a que o anuncian como outra novidade, os populares explican que o Servizo de Teleasistencia “sempre foi un servizo profesional e humano, pois eran os traballadores sociais os profesionais que traballaban cos expedientes, non sendo un mero trámite administrativo”. Ademais, dende o Grupo Popular consideran “ridículo” que a Deputación de Lugo afirme que facilita ás persoas usuarias a tramitar a solicitude de prazas directamente na Deputación, cando é sabido por todos que moitas persoas usuarias dos servizos sociais municipais lles costa ata achegarse ao seu propio Concello.
A necesidade dunha nova ordenanza
En canto á ordenanza, os populares din que urxe a súa aprobación porque a que rexe é do ano 2006 e nesta cuestión, engaden, “empezamos a traballar no Goberno do PP, de feito invitáranse aos técnicos de servizos sociais de atención primaria para darlles participación e contar coa súa achega na elaboración da nova ordenanza”. “Cousa que eles non fixeron, ao non contar cos traballadores sociais dos servizos sociais municipais para redactar o novo regulamento, pese a ser quen mellor coñecen a realidade da provincia”, precisan.
De igual xeito, os populares tamén censuran que non se contactase coa Xunta de Galicia para a elaboración deste borrador, xa que dende o Grupo Provincial do Partido Popular defenden que debería ser unha proposta coordinada entre as dúas administracións. Foi a Xunta a que deu resposta a solicitudes que lle correspondían á Deputación que “se dedicou a mirar para outro lado durante anos desatentendo o servizo mentres o resto de deputacións galegas seguían a cubrir as demandas das súas provincias. Lugo foi a única provincia que non concedeu altas nos últimos nove anos”, explican.
Ademais, engaden, “é totalmente falso que diminuíran as persoas consideradas dependentes por parte da Xunta de Galicia, xa que se incrementaron co Goberno de Feijóo e hoxe en día a administración autonómica atende a máis de 5.000 fogares só por teleasistencia, investindo 1,2 millóns de euros.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



