CADERNOS DA VIAXE. As primarias para elixir candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta remataron cunha relativa sorpresa, pois que Xaquín F. Leiceaga impúxose a Méndez Romeu (55,67% vs. 44,33%). A participación, arredor dun 65%, foi moi alta, en comparanza coas obtidas en procesos de primarias ou congresuais de Podemos, Anova ou o BNG. Quizais sería porque os dous proxectos eran nidios e definidos. E ía haber, de certo, gañadores e perdedores.
O exconselleiro Méndez Romeu achegaba boa capacidade política e relacional, indubidábel intelixencia e ampla experiencia. Achegaba tamén o apoio do superalcalde Caballero (en Vigo Romeu arrasou cun 77% de votos), da presidenta da Deputación pontevedresa Carmela Silva, dos exministros Caamaño e Blanco, do exalcalde lugués Orozco, do ex secretario xeral Pachi Vázquez e dos restos do vazquizmo coruñés. Achegaba o proxecto de hexemonía socialista propio da época do felipismo e do guerrismo, que no 2016 é tan irreal que constitúe pouco máis ca unha desculpa para non artellar a alternativa plural que lle dea o relevo democrático a Feijóo.
Fronte esta potente alianza, Leiceaga achegou o sentido común da afiliación de base (que ten claro que o adversario é o PP e non acredita noutras andrómenas) e un proxecto de País que sempre lle acompañou e que lle vai permitir participar con forza nunha coalición galeguista e progresista de goberno, no caso moi probábel que PP e C´s non acaden no vindeiro outubro a maioría absoluta.
É chocante ler que a escolla entre F. Leiceaga e M. Romeu era puramente de persoas ou de grupos. Porque non era tal. Tratábase de decidir entre un proxecto de cambio, con perspectiva de País ou a recreación dun pasado localista e xacobino, en conexión con aqueles que semellan preferir Rajoy ou Feijóo a lle ofrecer á cidadanía unha alternativa plural que mellore a calidade da nosa democracia, que aposte polo crecemento e que enfronte as reformas precisas para lle dar canle á plurinacionalidade do Estado.
Velaí que o perdedor destas primarias sexa, moito máis ca Méndez Romeu e os seus aliados, o propio Núñez Feijóo. Porque agora, coma no xa distante 2005, enxérgase unha moi probábel alternativa plural que sexa quén de arquivar o austeritarismo romo e falto de xestión e ilusión que definiu estes sete anos de goberno do PP no noso País





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



