Taramundi acollía este domingo 29 de maio o Campionato de Asturias XC Maratón e a Marcha Cicloturista na que participaban 200 ciclistas e afeccionados.
Os primeiros en chegar á meta fixérono despois de completar 54 quilómetros que destacan pola súa dificultade e dureza que este ano se viu incrementada polas condicións meteorolóxicas calor sofocante e chaparróns a partes iguais.
CLASIFICACIÓNS
1. David Ovin. Categoría: Élite. Club: Team Bike Cabranes. Tempo: 02:56:05
2. Manuel Carrelo Magadan. Categoria: Elite. Club: Castropol Deporte C.D.B.. Tempo: 02:58:20
3. Ruben Rio. Categoría: Master: 40. Club: Yelokeai Ciclistym: Tempo: 03:00:50
Clasificación xeral:
MASTERS-30
1. Alberto Tuñez (CC. Frigorificos Bandeira)
2. Jose Luis Balnco (Cangas de Onis Ciclismo)
3. Jose Ignacio Mendez (Cycling Astur)
MASTERS-40
1. Ruben Rio (Yelokeai Ciclistym)
2. Pablo Gonzalez (C.C. Bicicletas David)
3. Moisés Canal (Yelokeai Ciclistym)
MASTERS-50
1. Jose Manuel Pérez (Castropol deporte C.D.B.)
2. Daniel Álvarez (Mieres Team Bike)
3. Angel Rodríguez (Rgteam)
ELITES
1. David Ovin (Team Bike Cabranes)
2. Manuel Carrelo (Castropol Deporte C.D.B.)
3. Agustin Navarro (Ciudad de Oviedo-Tartiere)
SUB-23
1. Santiago Raposo (Ciudad de Oviedo-Tartiere)
2. Joshua Suárez (A.C.D. Cares Deva)
3. Iván Rodríguez (Garaje Paco)
FÉMINAS
1. María Teresa Barreira (Master 40) (CC. Os Irmandiños)
2. Olaya Gómez (Elite) (C.D. Oviedo-Ciclos Fran)
3. Estefanía Gutiérrez (Master 30) (Faru Peñes C.D.E.
Marcha cicloturista:
1. Pablo López
2. Adrián Villalón
3. Diego Álvarez



















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
