Desde Ribadiso (Arzúa) ata Santa Irene (Pedrouzo) discorreu a sétima etapa da peregrinación a Santiago, a través do Camiño Primitivo, que está a realizar un grupo de medio cento de barreirenses. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “este fin de semana recorremos 20 quilómetros, con previsións meteorolóxicas de treboadas, pero afortunadamente case non nos choveu. Camiñamos a carón de moitos peregrinos, nótase que estamos xa preto de Compostela”. O edil popular engadiu que “só nos quedan dúas etapas. Cada vez estamos máis unidos e con moita ilusión de chegar a Santiago”.
Medio cento de barreirenses no Camiño
Medio cento de barreirenses no Camiño
Relacionado
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso
-
Charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Burela
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores