Lugo, 30 de maio de 2016.- O BNG presentou, en Lugo, ás persoas que formarán parte deste proxecto político no que se integra NÓS Candidatura Galega xunto do que forman parte outras forzas políticas. Olalla Rodíl encabeza a lista ao Congreso d@s Deputad@s e Rosana Pérez será a candidata ao Senado. Ademais, a lista ao Congreso está configurada por Xosé Antón Ledo, Montserrat Porteiro e Xosé Paleo. Por outra banda, a lista ao Senado está conformada por Rosana Prieto, Mario Pillado Mon e Luis López Melle. As persoas que compoñen a candidutra estiveron respaldados, nesta presentación, pola portavoz nacional do BNG, polo vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, e por ediles do BNG no concello de Lugo.
A candidata do BNG ao Congreso, Olalla Rodil, é xornalista naceu no ano 1989 na Ribeira de Piquín. Rodil sinalou que “dende o BNG tomamos esta nova convocatoria como nova oportunidade e un novo reto para cambiar realmente as cousas” e explicou que “fronte ao espectáculo e a vanalidade queremos falar de política, sen tutelas de ninguén, para decidir sobre o noso alí onde se toma as decisións”. Olalla Rodil achegouse hoxe a Lugo dende Ribeira de Piquín pola N-640 e lembrou que “no mes de decembro anunciáronos o comenzo as obras da N-640 para o mes de maio e o cambio de goberno en Madrid, máis seguimos agardando polos obreiros nesa estrada e polo cambio en Madrid onde segue a gobernar o PP”.
Rodil afirmou que “nestes cinco meses, Galiza, e no concreto Lugo, estiveron ausentes das mesas de negociación” e engadiu que “para iso o BNG presenta esta candidatura, para ter voz propia para reclamar o dereito a ter traballo e a vivir aínda que sexamos gandeiras, perruqueiras, traballadoras do telemarketing, xornalistas ou empregadas públicas”. “Nada mudará por cambiar o cu de quen se senta na Moncloa se o único que nos queda aquí en Lugo en seguir agardando” dixo a candidata do BNG e engadiu que “queremos facer parte desa mudanza poñendo enriba da mesa as cousas que nos afectan e nos preocupan, non agardamos que outros nos resolvan os problemas por que queremos estar nos centros decisión para resolver nós os nosos problemas”.
Pola súa banda a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, dixo que “estas eleccións son unha segunda oportunidade para que Galiza recupere unha voz propia” e sinalou ao BNG como “a alternativa máis útil para Galiza por que galegas e galegos non temos que escoller entre desaloxar a Mariano Rajoy e ter unha alternativa que nos defenda, para eso está o BNG”. Pontón afirmou que “o BNG defenderá os intereses deste país sen importar a opinión de Pablo Iglesias, Pedro Sánchez, ou Mariano Rajoy”.
Pontón afirmou que o BNG enfrenta estas eleccións coa vocación de representar a todas as persoas que apostan por unha forza política propia e que queren un cambio nas políticas do estado e dixo que “Galiza está nunha situación de emerxencia nacional e temos moi claro que os que nos levaron a esta situación de máis precariedade, máis pobreza e máis desigualdade non van ser quen nos saque deste pozo”. A portavoz do BNG apostou por “coller da man a todas as persoas que perderon a esperanza por que viron que estes últimos cinco meses foron un tempo de paripé e teatriño onde solo se loitou polos intereses dos partidos e se esquenceron dos intereses da xente”.
Por outra banda Rosana Prieto, candidata ao Senado, sinalou que “dín un paso adiante para participar nesta candidatura por que pertenzo a unha das xeracións mellor formadas da historia, estudei con bolsas públicas que hoxe xa non poden disfrutar as persoas que concorran nas mesmas circuntancias socioeconómicas que eu tiña, coido que os tempos son chegados, e que a obriga hoxe é, moral e social”. Interviu tamén o número dous da candidatura ao congreso de Xosé Antón Ledo que lembrou as loitas sociais e o que significou para Galiza a presenza do BNG no congreso dos deputados.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



