Burela, 31 de maio de 2016. A Concellería de Medio Ambiente organizará un curso de condución eficiente dentro do programa da Semana da Mobilidade, que se celebrará do 16 ao 22 de setembro. Segundo Noelia Mª Ben “está previsto que teñamos ese curso o día 17 de setembro. Constará de parte teórica e práctica. E queremos saber con qué número de persoas contaremos para ir organizando esta cita”.
A edil socialista explica que “o obxectivo é acadar unha condución máis eficiente: aforro de enerxía, diminución do custo de mantemento do vehículo, redución da emisión de gases contaminantes e condución máis analítica”.
Todas as persoas interesadas en realizar este curso poden anotarse xa na Oficina de Medio Ambiente, situada na praza de abastos, ou chamando ao seguinte número de teléfono: 982 580 867. Noelia Mª Ben subliña que “as prazas serán limitadas e seguirase a orde de inscrición no caso de contar con máis solicitudes que prazas. O curso é gratuíto”.