Lugo, 1 de xuño 2016.- O cabeza de lista de En Marea por Lugo e deputado en Cortes neste última lexislatura, Miguel Anxo Fernán Vello, demanda que “sexa quen sexa o hipotético comprador de Alcoa San Cibrao, baixo ningún concepto se acepte unha venda que non garanta con total seguridade o mantemento íntegro de todos os postos de traballo así como un Plan de viabilidade futura para o complexo industrial”.
Miguel Anxo Fernán Vello pide que se informe “con total transparencia e en tempo real ao Comité de Empresa de Alcoa San Cibrao de todos os pasos que se están a producir en relación ao proceso de venda de distintas factorías de Alcoa, entre elas San Cibrao na Mariña de Lugo”. Pon de manifesto que “desde que saltou a noticia, abriuse unha grande incertidume e incerteza entre os traballadores que precisan contar con cumprida información. A transparencia e a información son criterios exixíbeis neste tipo de situacións”.
Nesa liña, lembrou a importancia que o complexo de Alúmina Aluminio ten na comarca de A Mariña. “É o maior complexo industrial de Alcoa no estado español, o motor económico e social de toda a comarca. Da actividade deste complexo industrial dependen miles de postos de traballo”. Salienta as cifras de emprego directo, máis de 1.500 traballadores, e xera máis de 600 empregos indirectos nas industrias auxiliares”.
Sen esquecer os centos de postos de traballo que se crean no sector servizos e noutros. “Falamos pois de todo un entramado económico e social de enorme envergadura”.
“Cos dados na man, é evidente que non podemos permitirnos o luxo de que se xogue con Alcoa San Cibrao. É fundamental garantir a permanencia de todos os postos laborais, da actividade da industria e un Plan Industrial viábel. É preciso que exista un control e un seguimento do proceso, que como pide o Comité de Empresa debe ser tutelado pola Xunta a fin de velar polos intereses da comarca”, sinalou Fernán Vello.
O candidato de En Marea por Lugo comprométese a solicitar nas Cortes ao Ministerio de Industria que vixíe o proceso e non permita unha venda opaca ou prexudicial. Asemade, tamén destaca a importancia de que non se separe o futuro das dúas plantas de San Cibrao: a de Alúmina e a de Aluminio, dado que a venda parece pensada só para a planta de Aluminio primario, quedando Alúmina á marxe.
Advirte tamén do perigo de entregar un complexo destas características a un fondo “buitre” ou fondos de inversión con estratexias pouco claras ou indefinidas.
Fernán Vello fixo referencia a outro problema de fondo para as industrias deste tipo: o sistema enerxético baseado nas poxas eléctricas, o sistema de interrumpibilidade que está a ser moi negativo e prexudicial para as factorías. Nese sentido, apostou por modificar o sistema eléctrico contemplando no caso de Galiza unha tarifa eléctrica propia con prezos máis reducidos como fórmula de compensar o enorme impacto que conleva a produción de enerxía.
Fernán Vello apelou á Xunta “a facer as cousas ben, e a non deixar aos traballadores de Alcoa San Cibrao e A Coruña sós. Agardamos que controlen o proceso e atendan as peticións do Comité de Empresa. Despois de ver como o Índice de Produción Industrial galego caía no 2014 e no 2015, sendo Galiza a terceira Comunidade con maior caída do estado, e despois de atisbar unha leve recuperación do IPI desde finais de 2015,” non podemos permitirnos como país que o noso deficitario tecido industrial merme aínda máis. Alcoa San Cibrao debe permanecer, independentemente do seu dono, porque non é un complexo en perdas e ás cifras me remito: no 2012 xerou 32,1 millóns euros de beneficio; en 2013 foron 54,7 millóns; en 2014 uns 81,7 millóns e en 2015 falamos de 71,7 millóns. É dicir, un complexo que xera beneficios, con moito futuro por diante e sobre o que deben desterrarse intencións ambiguas”.

















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



