Lugo, 1 de xuño de 2016. ADEGA e MariñaPatrimonio presentan 40 novas denuncias por danos ao patrimonio histórico-arqueolóxico causados polos labores asociados á explotación forestal do eucalipto: plantacións, cortas, apertura de pistas, rozado con maquinaria pesada, etc. De feito, no Norte da provincia de Lugo, unha área intensamente eucaliptizada, levan documentado e presentado nos últimos 5 anos un total de 56 denuncias. ADEGA e MariñaPatrimonio “coidamos que boa parte dos xacementos arqueolóxicos desta área xeográfica (uns 500), poden estar afectados nalgunha medida polos labores asociados á explotación forestal do eucalipto”.
Entre estes últimos 40 xacementos afectados figuran 2 abrigos paleolíticos, 21 mámoas, 14 castros, 1 xacemento medieval e 2 de idade indeterminada.
Por concellos, as afeccións documentadas distribúense do seguinte xeito:
Abadín 3 – Lourenzá 1 – O Vicedo 2
Alfoz 3 – Mondoñedo 5 – Viveiro 2
Barreiros 3 – Trabada 1 – Xove 5
Foz 3 – Valadouro 11 – Friol 1
“Coidamos que estas 40 novas denuncias són só unha pequeña mostra, a punta do iceberg do que pode estar a acontecer en moitos montes galegos submetidos á ditadura do eucalipto. Extrapolando os datos ao preto do medio millón de hectáreas eucaliptizadas en Galiza, a magnitude da afección patrimonial (con danos por veces irreparábeis sobre o ben, chegando mesmo até a desaparición do xacemento) e o impacto cultural asociado, podería ser inmensa”.
As responsabilidades destas desfeitas distribúense, na opinión de ADEGA e MariñaPatrimonio, a partes iguais entre a industria do eucalipto e a Xunta de Galiza. A primeira, por actuar irresponsabelmente e sen un mínimo respecto por un patrimonio que é de todos, só centrada na produción a toda costa para satisfacer a cobiza de ENCE. No tocante á Xunta, a súa responsabilidade é quizáis maior, por abandonar o seu labor de coidado, vixianza e control dun valiosísimo patrimonio público.
E perante a inoperancia da administración, somos a cidadanía organizada a que estamos asumindo o papel de tutelar estes bens. Seguiremos a documentar e a denunciar perante os servizos de Patrimonio e o SEPRONA todos aqueles casos que poidamos constatar nos que se produzan danos ao noso patrimonio. Valéndonos da listaxe dos xacementos e contando cos recursos que as novas tecnoloxías ofrecen, con actualizacións periódicas de imaxes de satélite, pódese facilmente comprobar se houbo cortas e/ou plantacións de eucaliptos sobre unha determinada zona. Como é que a Xunta non o fai contando con moitos máis recursos?
Perante esta situación, ADEGA e MariñaPatrimonio pediremos tamén áo amparo da UNESCO, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, para frear a destrución masiva dos bens arqueolóxicos galegos pola industria eucaliptal e a inoperancia da Xunta.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



