Ribadeo, 1 de xuño de 2016.- As praias ribadenses contarán con servizo de socorrismo do 15 de xuño ao 15 de setembro, segundo deu a coñecer este mércores a concelleira de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño, Paz Ermida. A edil nacionalista destaca o esforzo económico e organizativo que realiza o Concello para contar con 13 profesionais durante esas datas. A convocatoria xa está aberta. Pendente queda a contratación de dous técnicos sanitarios, que tamén costeará o Concello.
Paz Ermida explicou que “agora mesmo está aberta xa a convocatoria para o persoal de socorrismo, un total de trece prazas combinando xornadas completas con medias xornadas. Temos pendente aínda convocar a de técnicos sanitarios que serán para os meses de xullo e agosto e contaremos tamén co persoal de cooperación da Xunta. Este ano volveunos outorgar oito prazas de socorrismo, que consideramos totalmente insuficientes vendo a afluencia de turismo que temos en Ribadeo, o volume de persoas que utilizan as nosas praias, parécenos totalmente insuficiente e tamén totalmente inxusto tendo en conta o número de persoas de cooperación que se lles asignou a concellos veciños que non teñen nin con moito o nivel de visitantes e de turismo que temos aquí no concello de Ribadeo”.
En total serán 23 as persoas que velarán pola seguridade nos areais ribadenses. 15 contratadas polo Concello (13 socorristas e 2 técnicos sanitarios) e 8 a través do plan de cooperación da Xunta de Galicia. Éstas últimas traballarán do 1 de xullo ao 31 de agosto.
A concelleira de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño indicou que “o 15 de xuño empezarán a traballar os socorristas que corren a cargo do Concello ata o 15 de setembro. Isto facémolo cunha clara intención de mellorar os servizos que prestamos tanto a turistas como a veciños e veciñas de Ribadeo e tamén co fin de cumprir todos os requisitos que nos esixe bandeira azul e a Q de calidade. Garantimos así polo tanto que dispoñemos de persoal para cubrir todos estes servizos e para prestar a mellor atención aos bañistas e aos turistas que se acheguen polas praias e tamén aos veciños e veciñas de Ribadeo”.
Paz Ermida subliñou que “todo isto supón un esforzo moi importante para o Concello de Ribadeo económico e organizativo, pero consideramos que é necesario se queremos garantir unha atención ao noso turismo e aos nosos veciños e veciñas. Por iso insistindo en que deberíamos ter máis colaboración por parte doutras entidades como a Xunta, que repito é totalmente insuficiente a cantidade de persoal que nos asigna no plan de cooperación”.
Este mércores o concelleiro Jorge Díaz Freije recolleu en Bastiagueiro as bandeiras azuis que recibiron as praias de As Catedrais, Illas-Castros e o sendeiro azul que vai desde o faro da Illa Pancha ata As Aceas.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



