Burela, 1 de xuño de 2016.- A cuarta edición do Campus de Fútbol Base ‘Máis que Fútbol’ de Burela reunirá a todas as xeracións de fútbol da localidade entre o 11 e o 16 de xullo. Así o deron a coñecer este mércores pola mañá no complexo deportivo da Marosa, escenario do clínic, Juanma Marrube, coordinador da iniciativa dende a Fundación Imdecum, e o presidente e o vogal da AFD Porto de Burela, Jesús Manuel Ares e Iván Cancio, que estiveron acompañados polos presidentes da SD Burela e SD Burela Veteranos, Alberto Rega e Raúl Rouco, xunto ao concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández.
“Os verdadeiros protagonistas serán os nenos/as pero teremos o privilexio de que os tres clubs, de tres xeracións diferentes, poidan participar no campus para compartir sabedoría, experiencias e anécdotas cos máis pequenos” explicaba Juanma Marrube na presentación de “Máis que Fútbol”, agradecendo a colaboración tanto das tres entidades coma do Concello, ademais do apoio do CD Burela FS Pescados Rubén e de Gadis, “sen os que esta cita non sería realidade”. Dende a Área de Deportes, Ramiro Fernández, aplaudiu a firme aposta da Fundación pola base: “Imdecum está traballando pola base dende hai anos tanto na promoción da práctica deportiva coma na súa formación; para o Concello é unha prioridade o deporte de base por iso intentaremos colaborar sempre, na medida das nosas posibilidades”.
Ao longo de 6 días os rapaces/as de entre 5 e 14 anos (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete) terán a oportunidade de coñecer máis sobre o fútbol sen deixar de divertirse, compatibilizando adestramentos, campionatos de precisión, pase, tiro…, torneo interno, con piscina, talleres de ocio, a práctica doutros deportes e visitas de interese. Situacións de colaboración-oposición, mobilidade e cambio de roles e toma de decisións serán algún dos temas que se aborden ao longo do clínic, con sesións específicas.
Matrícula
O prazo de matrícula estará aberto ata o mércores 6 de xullo. O prezo por alumn@ será de 130 euros (110 € para AFD Porto de Burela e ED Burela FS), incluíndo actividades en xornada de mañá (10.00-14.00) e tarde (17.00-20.00) e aperitivo de media mañá e merenda. As familias que apunten máis dun nen@ terán un 20% de desconto a partir da segunda matrícula. Abanca: ES90 2080 0109 1630 4002 6828






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
