Foz, 1 de xuño de 2016.- Este pasado luns 30, ven de celebrarse o pleno da Corporación Municipal do mes de Maio do Concello de Foz.
“Foz,Plataforma de Futuro” levou tres mocións para ser debatidas, sendo aprobadas as tres polos membros da Corporación Municipal, o que demostra unha vez máis, a importancia dos temas para os veciños e veciñas do noso Concello, que a nosa formación leva para o seu debate.
A primeira moción que se debateu foi para instar ó equipo de Goberno do Concello de Foz a ordenar o tráfico e adecentar o firme da Rúa Atalaia,esta rúa céntrica do casco urbano ten un paso importante de peóns e vehículos, e despois do boom da construción, quedou nun estado de deterioro importante e día a día vai en aumento. Un firme en malas condicións e o mesmo tempo o ser unha rúa de dobre sentido hai momentos en que o tráfico non é fluído o haber un estreitamento da metade o final da rúa.Esta moción foi aprobada cos votos favorables de toda a oposición e a abstención do PP.
A segunda moción que se debateu foi para instar ó equipo de Goberno do Concello de Foz a facer as xestións necesarias para reparar o firme da rúa Constitución, outra rúa do casco urbano que fai uns anos sufriu unha reparación integral, cambiando o seu firme, instalando pluviais e cambiando a rede de saneamento e auga. Sen embargo seguiuse permitindo o paso de vehículos de peso superior posiblemente o recomendado para este tipo de firme, o que foi ocasionando co paso do tempo que o formigón das arquetas se fora rompendo, quedando estas soltas,e os adoquíns fóronse movendo provocando subidas e baixadas destes.Esta moción foi aprobada por unanimidade polos Concelleiros da Corporación Municipal.
E a terceira moción foi para instar ó organismo competente a reparar a estrada que fai de enlace na antiga N-642, no alto de Mañente, na parroquia de Vilaronte.Alí temos un enlace para incorporarnos ou abandonar a N-642, á altura do alto de Mañente, que o mesmo tempo serve para dar servizo ó barrio de Mañente e máis é o enlace que une a antiga estrada N-642 e da aceso ós Fondás.Nos últimos tempos recibíramos numerosas queixas dos veciños polo estado desta vía.Esta moción foi aprobada por unanimidade de todos os Concelleiros da Corporación Municipal.
Así mesmo, dicir tamén , que no punto número 4 da orde do día o equipo de Goberno do Concello de Foz propoñía a prestación do servizo de atención ás persoas maiores na nova residencia de Foz.
Foz Plataforma de Futuro emitiu o seu voto en contra desta proposta o non corresponder na súa totalidade co informe de secretaría sobre ela.
Propoñíase ó Consorcio Galego de Servicios Sociais que o Concello de Foz asumise durante 2 anos prorrogables a 4 a xestión da nova residencia de Foz, para que mediante unha sinatura do convenio de colaboración coa “Asociación Dorada Mensajeros De La Paz” se presten os servicios de residencia e centro de día para persoas maiores.
O informe de secretaría analiza exclusivamente a posibilidade legal de que o Concello acepte unha hipoteca cesión de uso de equipamento construído para prestar o servizo de centro de día e residencia,por parte do Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar.
Nós mantivémonos firmes ante a defensa dos intereses dos nosos veciños,solicitando que a nova residencia acolla a tódolos residentes do actual asilo sen excepcións e que a nosa residencia sexa xestionada o mais publicamente posible, non coma outros que defenden intereses escuros e mudan de opinión cando o creen convinte, despois de defender a xestión pública meses atrás. Xa nos gustaría saber como se vai xustificar esta adxudicación a “dedo” dun servicio que, entendemos, debería de ser público.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



