Durante estas dúas últimas semanas FPF continúa co proceso de reunións que ten Foz, Plataforma de Futuro con diferentes asociacións veciñais, culturais e deportivas do concello “como viñemos facendo durante este mes de maio e que continuaremos durante o mes de xuño para cumprir coa nosa promesa electoral de non esperar catro anos a ter este tipo de encontros, que se fan sempre de un xeito electoralista para quedar ben de cara a galería, e non cando realmente se precisan. Foz, Plataforma de Futuro quere coñecer así de primeira man a través destas canles asociativas todas as demandas e inquedanzas dos veciños e veciñas de Foz”.
Comezamos o 16 de maio por reunirnos coa “Asociación Amas de Casa Virxe do Carme”, continuamos o día 18 coa “Asociación Os Sendeiros” e a “Asociación Cultural Veciños de Santa Cilla”, que se fixo dun xeito aberto, polo que podía acudir calquer veciño da parroquia. Rematamos esa semana o venres 20 reuníndonos coa “Asociación de Veciños O Castro de Foz”.
Dende a Asociación Cultural Veciños de Santa Cilla mostraron a súa preocupación polo estado das pistas dos montes destrozadas pola saída da madeira, os camiños públicos sen rozar, o saneamento sen rematar ou a a situación do alumeado público entre outros asuntos. Solicitan que se rocen as ribeiras altas das pistas, que se arregle a pista que vai á Frouxeira, a pista do Chao, a pista da Tellada, a que vai para Teixeira ou a que pasa por detráis da casa do Cura que vai a Igrexa. Tamén creen necesario que se limpe a maleza das masas comúns. Seguen sen escoitar RadioFoz e as comunicacións de telefonía son escasas.
A Asociación O Castro de Foz mostra a súa preocupación pola falta de información que reciben da Coorporación Municipal con respecto ó estado no que se atopa o estudo e aprobación da ubicación da nova EDAR de Foz por parte da Xunta de Galicia que foi aprobado fai uns meses en Pleno. Queren tamén que se poña en marcha e canto antes o xeriátrico de Foz. Queren información a cerca da situación na que se atopa o estudo e aprobación por parte da Xunta de Galicia do PXOM de Foz, que foi aprobado tamén en Pleno recentemente. Mostran a súa preocupación polo estado dos sendeiros e camiños públicos, sobre todo aqueles que van a dar ás praias como o Camiño que vai do Colexio Público O Cantel ata o Camping de Llas. Esta Asociación ve con estupefacción que non se faga nada no que respecta ó tema dos vertedoiros incontrolados de mobles, electrodomésticos, cascallos de obras…que se deixan na rúa e non se levan ó punto limpo. Consideran que a falta de vixianza por parte do Concello fai que se dea esta situación, que degrada a imaxe do Casco Urbán de Foz. Cabe salientar tamén que esta Asociación ve con preocupación a ubicación da nova gasolineira de Foz, tanto pola súa inseguridade como polo rebaixe que se fixo de
toda a beirarrúa frente a esta construcción que impide a libre circulación de peóns.
Na seguinte semana, continuamos este período de reunións o luns 23 de maio coa “ACIA de Foz”, o mércores 25 coas traballadoras do “Asilo de Foz”, e o venres 27 co “Clube Celtas de Foz” e coa “Asociación de Veciños de San Martiño” que se fixo en modo aberto, para que calquer veciño ou veciña da parroquia puidese asistir.
Na reunión coa ACIA de Foz, agradécesenos o o noso apoio para aprobar a semipeatonalización da Rúa Álvaro Cunqueiro e nos comentan que lles gustaría que arrancasen as obras coa maior brevidade posible. FPF aprobou esta reforma pero con condicións supeditadas ó arranxo do subsolo, tuberías en mal estado e a recollida das augas plubiales para que nun futuro non teñamos que estar levantando unha rúa na que se vai a invertir unha cantidade considerable de diñeiro, algo no que Auguas de Galicia debería intervir. Dende a ACIA vese con preocupación a situación da limpeza no casco urbán que prácticamente é inexistente, as sinalizacións e as entradas ó pobo que
non son adecuadas para unha vila turística coma Foz. Solicitan que se reorganice o tráfico na zona da Rapadoira, sobre todo de cara o verán, facer unidireccional a rúa do Cantábrico ou na rúa Camiño do Pilar por detrás do supermercado Mercadona. Outro dos aspectos a salientar é a situación de inseguridade e mala imaxe que provoca a mendicidade ás portas dos locais comerciais do centro da vila.
Na reunión que mantivemos coas traballadoras do Asilo para dar conta da nosa postura con respecto o novo xeriátrico de Foz decir que ditas empregadas non eran conscientes da problemática existente, ninguén se puxera en contacto con elas para informalas, enteráronse pola nosa nota de prensa de que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar podía facerse cargo da xestión do novo espazo para residencia de anciáns e centro de día. Tiñan entendido que a xestión podía pasar directamente á ONG que xestiona actualmente o Asilo, Mensajeros de la Paz.
Tampouco sabían que aínda que o Concello se fixera coa concesión do novo recinto, e sacase a concurso a súa xestión, pasados dous anos, prorrogables só a catro o Consorcio se volvería a facer cargo do recinto. Eran descoñecedoras totalmente que no Pleno do 24 de setembro de 2015 o BNG presentara unha moción que saíu aprobada cos votos a favor de PSOE, FPF e BNG coa abstención do PP na que se pedía que a xestión da nova residencia e centro de día fose pública e se valorase e tivera en conta ás traballadoras da antiga residencia. Pola nosa parte fixémoslles saber cal era a nosa postura aprobada pola nosa Asamblea de Seguidores, na que se apostaba por unha xestión pública do recinto, acorde coa legalidade vixente, na que se tivera en conta a todos os anciáns da
antiga residencia e que estes puideran pasar ó novo recinto.
Dende o Clube Celtas de Foz transmítennos que o pavillón municipal segue sen reparar e en moi mal estado, piden que se faga unha reparación integral ou a construcción de un novo no que deportistas e usuarios disfruten dunha instalación deportiva cunhas calidades mínimas. Os veciños e veciñas da Asociación de Veciños de San Martiño piden que se faiga un inventario de camiños públicos e que se actualicen os números das casas que non se corresponden cos que agora teñen, nas cartas que envía o Concello seguen cos números antigos. O Concello non realiza a limpeza das fontes. Deberíase facer un inventario dos bens que o Concello ten na parroquia.
Queren información por parte de Concello relativa á futura autovía A-82 Barreiros – San Cibrao, que non se teñan que enterar pola prensa dos avances que se dan neste tema. Non queren que dita autovía pase tan preto da Basílica de San Martiño, que rompe a contorna do lugar. Gustaríalles que na Estrada da Deputación Vilaxoane – San Martiño se puxeran varandas para mellorar a seguridade dos vehículos e tamén que se lles informe de como está o tema dos Sendeiros do río Centiño.