O laurentino Aarón Rivas logra a medalla de bronce no Campionato Galego Xuvenil na proba de 1500.
O atleta de Lourenzá vinculado ao Lucus Caixa Rural de Lugo aumentaba este domingo en Balaídos un novo metal ao seu palmarés ao acadar a medalla de bronce na proba de 1500 metros lisos cun tempo de 4 minutos e 25 segundos.
Escolas Deportivas Lourenzá
Tamén participaban no campionato membros do equipos das Escolas Lourenzá coma Nerea Bajatierra, que remataba na 6ª posición na final de peso cun mellor lanzamento de 9 metros e 63 centímetros, e Genito Pérez, que estivo na final de salto de altura obtendo a 8ª posición cun salto de 1,50.