O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, e o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presentaron este mércores nos xardíns do Pazo de San Marcos “Para estudar, Lugo”. É a campaña que promociona Lugo como cidade universitaria e ofrece descontos do 50% no custo da matrícula a primeiros estudantes de 10 titulacións do Campus lugués.
Darío Campos sinalou que “poñemos en marcha a 3ª edición desta campaña dentro do plan de impulso do Campus de Lugo, que temos en marcha Deputación e USC. Facémolo, tendo en conta os seus bos resultados. Grazas ás dúas anteriores convocatorias, dende 2013 conseguimos incrementar en 10 puntos a taxa de ocupación da totalidade de prazas que ofrece a USC en Lugo. Ademais, aumentamos nun 18% o número de estudantes nestas 10 titulacións, nas que volvemos a asumir a metade dos custos da matrícula de primeiros estudantes do Campus lugués, con 120.000 euros da Deputación”.
Ao inicio do curso 2013-2014, a taxa de ocupación de prazas no Campus de Lugo era do 62,9%. Tras as campañas de promoción de Lugo como cidade universitaria, que se levaron a cabo nos cursos 2014-2015 e 2015-2016, esta sitúase hoxe no 71,7%. Son case 10 puntos máis. Con respecto ás 10 titulacións con descontos, hai dous anos o número de estudantes era de 258. Coas axudas da Deputación na matrícula dos últimos dous anos, os alumnos ascenderon aos 304. Isto supón un incremento do 18%.
Bueno Lema subliñou que “grazas a esta campaña, conseguimos cambiar o modelo de tendencia no número de matriculacións do Campus lugués, que se viu aumentado de xeito notable. De feito, durante estes dous últimos anos aumentou a captación xeral de alumnos, sendo no 2013 inferior a 1.000 e superando, nestes dous últimos anos, 1.200 alumnos novos”.
Titulacións con descontos do 50% na matrícula
A través da campaña “Para estudar, Lugo”, a Deputación ofrece descontos do 50% no custe da matrícula a primeiros estudandes das seguintes titulacións do Campus de Lugo:
• Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
• Grao en Enxeñaría Civil
• Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía
• Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
• Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
• Grao en Lingua e Literatura Españolas
• Grao en Ciencias da Cultura e Difusión cultural
• Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
• Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas
• Grao en Administración e Dirección de Empresas
Lugo como cidade universitaria
Esta campaña promociona Lugo como cidade universitaria. Pon en valor a oferta académica do Campus lugués, que ofrece 15 titulacións, que se agrupan en 8 centros, e se distribúen en 4 área de coñecemento: Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídica, e Enxeñería e Arquitectura. Tamén destaca os postgraos, que contribúen a definir as expectativas profesionais dos estudantes de cara a súa inserción laboral.
“Xunto á oferta académica, hai outras 3 razóns para estudar e vivir en Lugo: a calidade de vida, onde a gastronómica, as celebracións…, e, principalmente, as persoas, fan de Lugo un lugar único. O patrimonio histórico e natural, que converten á nosa provincia unha xoia con moito que descubrir. E os prezos, pois Lugo é unha das cidades de España máis baratas e cómodas para vivir e estudar”, apuntou o Presidente da Deputación.
www.paraestudarlugo.com
Toda a información relacionada coa campaña “Para estudar, Lugo” pode atoparse nunha web completamente renovada (www.paraestudarlugo.com) que, nesta edición, presenta grandes novidades no referido a deseño e contido. Nela, recóllese toda a información do programa de bolsas; consellos prácticos para elixir Lugo como destino universitario, así como diferentes páxinas coa información completa sobre o Campus Terra da USC: centros e facultades, relación detallada sobre os graos, programas de doutoramento e máster que se ofertan, con especificación do plan de estudos e ligazóns para ampliar ou acceder dun xeito áxil á formalización da matrícula.
Ademais, a campaña terá unha especial incidencia nas redes sociais da Deputación de Lugo (www.facebook.com/diputacionlugo e @depulugo) e da USC (www.facebook.com/campusterrausc, www.facebook.com/Universidade-de-Santiago-de-Compostela e @UniversidadeUSC e @CampusTerraUSC).
Este ano, estréase un novo medio de difusión mediante unha canle de Telegram, accesible a través de http://telegram.me/paraestudarlugo ou na propia aplicación buscando por @paraestudarlugo, na que se ofrecerá toda a información relevante sobre as novidades do Campus Terra.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



