Burela, a 9 de xuño de 2016.- O pasado martes día 7, o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, anunciou no Parlamento de Galicia novas inversións en materia de millora de infraestructuras educativas. Esta inversión supurá unha cuantía de 369.819,08€ só en Burela. Dende NNXX queremos agradecer a consellería e o anterior equipo de goberno que fosen quen de xestionar estas actuacións e de levalas a cabo con tanta rapidez e eficiencia.
Esta inversión desglósase en tres obras: Cuberta do pavillón do Virxe do Carme, na que se investirán 60.000€. Cuberta do IES Monte Castelo, que supuxo 140.000€. Adecuación de espazo para 3 aulas e almacén no IES Perdouro cun custo de 169.819,08€ a cal pón de manifesto a forte aposta por parte da Xunta de Galicia na FP como garantía de futuro para os nosos rapaces e a rapazas.
Hai que destacar que no que se refire ó pavillón do coleixo Virxe do Carme foi o anterior goberno municipal o que xa millorara os vestiarios e fixera totalmente nova a pista descuberta, ademáis de elaborar o proxecto da cuberta do pavillón e presentalo na Consellería.
No que se refire á ampliación do IES “Perdouro”, indicar que as obras anunciadas son a segunda fase dunha ampliación que en boa parte xa está en servicio, e que no seu conxunto fora anunciada polo Conselleiro nunha reunión celebrada en Lugo en marzo de 2015 co anterior alcalde de Burela e o director do centro educativo.
No relativo á cuberta do IES “Monte Castelo”, a petición fora cursada polo anterior alcalde sendo alcalde e mesmo recentemente sendo portavoz do Grupo Popular, cando o Conselleiro de Educación visitou Burela para ver as obras de ampliación do “Perdouro”, visita á que non acudira nin o actual alcalde nin ninguén do actual goberno municipal.
É importante destacar que todas as inversións realizadas en infraestruturas educativas na nosa vila viñeron da man de gobernos do Partido Popular polo que ese continuo aluvión de críticas o que o Partido Popular está exposto so ten como finalidade a búsquea do rédito político de moitas formacións.
Con estas tres inversións a Xunta de Galicia aposta claramente pola educación pública e de calidade na nosa vila. En plena época de crise, o Goberno de Núñez Feijoo foi e é quen de realizar fortes inversións nun área tan esencial como a educación.
A inversión en educación, xunto coa inversión en sanidade, é a principal ferramenta que un país ten para provocar unha maior redistribución da riqueza e así facer que as rentas dos seus habitantes converxan, é dicir, que exista unha menor diferenza entre os ingresos dos ricos e dos pobres. É por iso que dende NNXX creemos na importancia da inversión en Sanidade é Educación, pero o mesmo tempo somo conscientes das dificultades para mantela, xa que o Goberno de Zapatero deixounos un déficit é unha débeda abismal.


















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



