Lugo, 10 de xuño do 2016.- O reponsable de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, participou na mañá deste venres na presentación das Feiras do Libro que se desenvolverán neste 2016 na provincia de Lugo. No acto, que se celebrou nos xardíns do Pazo de San Marcos, tamén estivo presente a presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez Álvarez, colectivo que se encarga de organizar estas feiras, xunto con Carlos Coira, Presidente da Asociación de Libreiros de Lugo.
Ferreiro salientou que un ano máis, “a Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora coa Federación de Librarías de Galicia para organizar catro feiras do libro na provincia de Lugo, sendo a primeira a da Lugo, que xa se desenvolveu no mes de maio, e posteriormente as de Viveiro, Foz e Monforte, que se celebrarán as tres consecutivamente no mes de agosto”, apuntou.
O responsable de Cultura da Deputación referiuse tamén ao apoio á Asociación de Libreiros de Lugo, unha colaboración posta en marcha neste ano 2016 desde a Área de Cultura, para “tratar de incentivar a asistencia ás Feiras con actividades de dinamización das mesas máis atractivas e suxerentes para o público. Así, ademáis das habituais presentacións de libros, haberá outras actividades dentro destas tres Feiras do Libro, similares ás que xa houbo na Feira do Libro de Lugo, consitentes en contacontos, animación á lectura ou monólogos, tanto para público infantil como adulto” explicou.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



