Viveiro, 13 de xuño de 2016.- Imposto de Bens Inmobles de Natureza Urbana, Rústica e BICE.
Polo presente faise saber a todos os contribuíntes suxeitos a estes impostos que o prazo para o seu pagamento comezará o 1 de XULLO e rematará o 1 de SETEMBRO, ambos inclusive.
Que os recibos domiciliados serán fraccionados en dous períodos : 1º (50%) o 5 de xullo e o 2º (50%) o 5 de outubro do actual. A devolución do 1º cargo por parte da entidade financiera implicará que o suxeito pasivo queda obrigado ao pagamento da totalidade do recibo antes de que remate o período voluntario de pagamento, perdendo a posibilidade do seu fraccionamento e do 2º cargo.
QUE OS CONTRIBUÍNTES QUE NON DESEXEN O FRACCIONAMENTO deberán notificalo na oficina de recadación antes do 15 de xuño do actual e adeudaráselles o 100 % o día 5 de xullo do actual.
Que o último día para poder domiciliar os recibos do ano 2016 será o 15 de xuño do actual.
Consonte ao establecido no artº 88.2 d) do Regulamento Xeral de Recadación, advírtese que, transcorrido o prazo antes sinalado, as débedas esixiranse pola vía de constrinximento e reportarán a recarga de prema, xuros de mora e, no seu caso, as custas que se produzan.
Os recibos non domiciliados remitiranse ao domicilio fiscal dos contribuíntes.
Se por calquera circunstancia faltara algún recibo, ou precise dalgunha aclaración, poderá dirixirse á Oficina de Recadación do Concello a partir do 1 de agosto.
O que se fai público para xeral coñecemento.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



