Lugo, 14 de xuño de 2016.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, mantiveron este martes en Lugo un encontro informativo con concellos da provincia no que informaron do programa de axudas, dotado con 1,4 millóns de euros, co que se apoiará aos concellos de menos de 20.000 habitantes na posta en marcha de Espazos Activos de emprendemento comercial no rural.
Mediante esta pioneira iniciativa, da que se poderán beneficiar máis dunha vintena de concellos de toda Galicia, concederanse axudas de ata 70.000 euros e o 70% do investimento a realizar para habilitar áreas nas que os emprendedores poidan exercer a súa actividade comercial.
Tal e como se explicou na reunión, o obxectivo desta convocatoria, que está aberta á presentación de solicitudes ata o vindeiro 18 de xuño, é contribuír á creación de emprego de calidade e á fixación de poboación no rural, ao tempo que se impulsa o equilibrio da oferta comercial nas zonas menos poboadas.
Así, priorizaranse as iniciativas que se desenvolvan nos municipios máis pequenos, así como aquelas que incorporen máis espazos para a comercialización de produtos locais. Ademais, prímanse os proxectos que incorporen un maior número de puntos de venda, a adopción de medidas de Responsabilidade Social Empresarial, a utilización das novas tecnoloxías ou a supresión de barreiras arquitectónicas, ademais da incorporación de enerxías alternativas ou a reciclaxe ou eliminación de residuos.
No encontro, no que se avaliaron diferentes programas de impulso ao sector comercial, sinalouse que os concellos que poñan en marcha un Espazo Activo deberán desenvolver ademais actuacións de difusión, asesoramento e formación dirixidas ás persoas interesadas na iniciativa, contemplando aspectos como o aumento da rendibilidade do posto de venda con técnicas de “visual merchandising”, a colocación do produto e a atención ao cliente.
Nestes Espazos, que poderán localizarse tanto en prazas de abastos como noutro tipo de instalacións e que contarán cunha sinalización específica, poderá establecerse calquera actividade comercial polo miúdo, favorecendo e fomentando a variedade comercial.
A iniciativa enmárcase no Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, que se articula en torno a tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



