Foz, 14 de xuño de 2016.- Este pasado luns 13 de xuño ven de celebrarse no Concello de Foz o Pleno para a aprobación dos orzamentos para o ano 2016.
“Foz, Plataforma de Futuro” presentara varias propostas nas distintas reunións de portavoces e comisións para que foran incluídas nestes orzamentos.
Hai que recoñecer que a maioría foron admitidas, inda que non da forma que a “Foz, Plataforma de Futuro” nos tería gustado.
As distintas propostas eran:
-Manter a asignación orzamentaria dos anteriores orzamentos para construír as instalacións da Protectora de animais de Foz,esta foi incluída non como FPF pedía senón poñendo un total de 20.000€ para que a mao de obra a faga unha empresa en vez do obradoiro de emprego como pedíamos dende a nosa formación.
-Aumentar en dúas persoas a axuda a domicilio, que segundo se nos transmitiu na última comisión irían a cargo do obradoiro plan de emprego.
-Incluír a reparación integral da estrada entre cámping de Peizás e a Pampillosa(mais ou menos 35.000€).
-Cambiar a tubería de auga da subida a Ribela e zoa de Alemparte en Cangas, neste tema o alcalde e o seu equipo seguen a discriminar ós veciños destes dous barrios de Cangas, que moi a miúdo quedan sen servizo de auga pola rotura da tubería que ten mais de 40 anos.
-Manter o Plan de emprego dos anteriores presupostos cuantificado en 140000€.
Primeiro que temos que manifestar dende FPF é que estes orzamentos chegan tarde, xa que como moi rápido despois da aprobación destes neste pleno, empezarán a traballarse con eles a principios do mes de xullo, o que supón un período de seis meses, o que se nos fai ó noso entender moi pouco tempo para executar todas estas obras.
Temos que manifestar o noso malestar porque non se aumente a partida de asuntos sociais, algo que consideramos de primeira necesidade no noso Concello, e máis nos tempos que estamos a vivir.
Así mesmo tamén comentar que estes orzamentos como advirte o Secretario do noso Concello, non contemplan partida suficiente para facer cargo á solicitude de devolución de numerosas licencias de obra,que roldarán o medio millón de euros.
Así como tampouco, partida para pagar a sentencia do Constitucional, que resolve favorable a Gestagua, e suma a cantidade de 440.570,51€ ata o ano 2012,e despois haberá que solucionar ata o ano 2016, algo que vai ocasionar que o Concello de Foz teña que ir a un crédito e todo aquilo co que nos estivo o Alcalde amenizando todos estes anos de que a economía do Concello estaba saneada, vai quedar ó descuberta a súa mentira.
Hai que manifestar tamén que o incremento da partida de ingresos ven derivada pola torpeza do Alcalde, e a súa pouca vontade de baixar os recibos da contribución, e coa inestimable axuda do BNG, os nosos veciños van ver novamente incrementado este imposto neste ano un 12 %.
Dende FPF temos que dicir que nestes orzamentos inclúense numerosas obras, que as distintas Asociacións do noso Concello nos pediron durante as reunións que mantivemos con elas, así como novas Asociacións que reciben por primeira vez unha axuda económica en forma de subvención, que tamén nos demandaban. Así mesmo tamén dicir, que hai un acordo cos traballadores municipais para que se cubran as prazas que foron quedando vacantes durante os últimos anos por xubilacións, algo que debe ser cuberto á menor brevidade posible para así tamén reducir a contratación de empresas privadas como se ven facendo ata a fecha.
Por todo o anteriormente descrito, e a pesares de que non son os orzamentos que nos gustaría a FPF ó cen por cen, pero tamén por responsabilidade, para que dunha vez por todas se poidan levar a cabo algunhas obras que levaban moito tempo no tinteiro por falta de vontade do noso Alcalde, e porque na asemblea de seguidores de FPF celebrada o pasado venres así se decidiu, vamos a favorecer a aprobación destes presupostos votando abstención, e estando atentos á súa plena execución e dentro da legalidade.



















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



