O Concello de Mondoñedo vén de acadar unha subvención ao abeiro do Plan Marco: programa de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias para o ano 2016 cuxo importe ascende a 78.570 euros. Esta axuda permitirá que o Goberno local interveña en seis camiños do municipio, en concreto en Vilamor, Oirán (2), Bidueiras (2) e Pelourín.
A alcaldesa, a popular Elena Candia, subliña a importancia de actuar nestes viais para garantir un mellor acceso ás explotacións agrarias e reforzar a seguridade dos condutores. “As obras nestes camiños son moi necesarias debido ao estado que presentan ante a falta de intervención do anterior Goberno, polo que vai ser fundamental poder levalas a cabo”, precisa.
O Plan Marco constitúe o instrumento específico de planificación e xustificación das actuacións para apoiar os investimentos en infraestruturas para a mellora da rede viaria existente no medio rural para facilitar a accesibilidade ás explotacións agrarias. As actuacións están cofinanciadas por fondos Feder ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020.
O prazo límite para a execución dos investimentos será o 30 de setembro de 2016.
Actuacións concretas
O Goberno municipal intervirá en seis camiños para mellorar o tránsito, evitar molestias aos condutores e aumentar a seguridade dos viais.
Vilamor
Neste camiño da parroquia de Vilamor proxéctase a limpeza de cunetas, o refino e planeo do camiño, o estendido dunha base de macadam e a súa compactación, co que se pretende regularizar a superficie e evitar que se produzan maiores danos debido á auga. Ademais, e dado o nivel de tráfico existente, procederase ao estendido dun dobre rego asfáltico e un rego de adherencia, que proporcionará maior seguridade e comodidade para os usuarios, ademais de asegurar que o camiño permaneza en bo estado durante máis tempo.
Oirán
O camiño da parroquia de Oirán non conta co ancho suficiente para o paso de vehículos e maquinaria agrícola, polo que se proxecta o seu ensanche. Para elo procederase ao desarbolado e destoconado, así como al desbroce da vexetación que invade os bordes do mesmo. Contémplase ademais a apertura de cuneta e a colocación de dous caños de drenaxe transversal, ademais dunha regularización e mellora do firme, mediante o estendido de capa de zahorra artificial en toda a lonxitude, sobre unha subbase de material de préstamo en aquelas zonas nas que o material existente non é o adecuado.
Bidueiras
Esta camiño atópase na parroquia de Santa María Maior. Considerouse indispensable encauzar e controlar a escorrentía superficial, mediante a construción de cuneta e a colocación de obras de drenaxe transversal. É necesario ademais reconstruír a superficie do camiño coa apertura de caixa para firme, retirada de material, e o estendido e compactación posteriores de material de préstamo.
Bidueiras 2
Ao igual que no caso anterior o camiño atópase na parroquia de Santa María Maior. As actuacións necesarias neste caso son a limpeza da cuneta, xa que se atopa cuberta polos restos de material e vexetación, a construción de drenaxes transversais, o refino e planeo do camiño, e estendido e compactación de material de préstamo.
Oirán 2
Intervirase para incrementar a anchura do mesmo, para o que será necesario retirar a vexetación existente nos bordes, así como realizar movemento de terras nas zona indicadas nos planos, procedéndose posteriormente á mellora da superficie o estendido dunha capa de zahorra superficial e á colocación dun caño de drenaxe transversal.
Pelourín
Este camiño atópase na parroquia de Nosa Señora dos Remedios. Procederase á consolidación do terraplén mediante a construción dun muro de escollera, así como a reposición do firme no tramo afectado, ademais da colocación dunha barreira tipo bionda. Levarase a cabo a retirada de materias soltos ata chegar ao chan firme e executarase unha escollera de 1,5 metros de ancho.




















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



