34 equipos participarán en Ribadeo no XIII Torneo Internacional de Fútbol Alevín e Miniprebenxamín, que organiza a SD RIBADEO, e que se disputa os días 18 e 19 de xuño.
O venres 17 pola mañá xa chega a Ribadeo un dos equipos procedentes de Extremadura e, ao longo da xornada, chegarán outros nove.
Na cita participan rapaces chegados de País Vasco, Asturias, Cantabria, Portugal, León e diferentes puntos da provincia de Lugo.
Alevín (26 equipos):
Sestao River (País Vasco)
Atlético san Jose Promesas B (Almendralejo – Extremadura)
Barres CF (Asturias)
Sporting Pontenova (Pontenova – Lugo)
ACD Piringalla (Lugo)
CD AmistadSniace (Torrelavega – Cantabria)
Atlético san Jose Promesas A (Almendralejo – Extremadura)
La Caridad CF (Asturias)
UD Mourisquense (Portugal)
Racing Club Villalbés (Villalba – Lugo)
CD Tropezón “B” (Torrelavega – Cantabria)
CD Peña O. Beryma (Oviedo – Asturias)
SD Ribadeo (Ribadeo – Lugo)
Sport Clube Alba (Portugal)
CD Cerecedo (león)
Astur CF (Oviedo – Asturias)
Andés CF (Asturias)
Atlético Clube Avelarense (Portugal)
CD Tropezón “A” (Torrelavega – Cantabria)
CD Quirinal “A” (Avilés – Asturias)
CD Marino de Cudillero (Cudillero – Asturias)
AD Santiago de Foz (Foz – Lugo)
Veguellina CF (León)
Real Tapia CF (Tapia – Asturias)
CD Quirinal “B” (Avilés – Asturias)
Lourenza/Mondoñedo (Lugo)
Miniprebenxamin (8 equipos):
Barres CF (Asturias)
Real Tapia CF (Tapia – Asturias)
La Caridad CF (Asturias)
AFD Porto de Burela (Burela – Lugo)
AD Santiago de Foz (Foz – Lugo)
SD Ribadeo (Ribadeo – Lugo)
Astur CF (Oviedo – Asturias)
Club Hispano de Castrillón (Piedras Blancas – Asturias)






















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
