A ED Burela FS despediu este mércores o curso 2015-16 no auditorio municipal. A tradicional gala de clausura do Futuro Laranxa estivo dirixida polo director da escola, Alfonso Mera, coa presenza do alcalde de Burela, Alfredo Llano, xunto ao directivo José Ángel Dovale e o fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco, ademais do secretario técnico, Juanma Marrube, e dos xogadores Hélder e Renato, referencia da formación de base burelista.
Unha animada proxección audiovisual lembrou a gran tempada dos nenos/as ante o concorrido público, de alumnado, pais, nais e profesorado. Todos os pequenos/as deportistas subiron ao escenario do auditorio para recibir o diploma do curso 2015-16 e unha gorra do club.
Compromisos sobre a pista
Tras o peche oficial do curso, os equipos de base non deixarán o seu traballo na pista. Esta fin de semana benxamíns, alevíns, infantís e cadetes participarán no Torneo de Fútbol Sala Base Os Meigallos 2016; os prebenxamíns tamén terán cita, cun amigable o sábado ante SD Narcea en Vista Alegre (12.00 horas). Continuando a axenda, os días 25 e 26, benxamíns e alevíns gozarán do XI Torneo Cidade de Betanzos. Todas as categorías, excepto o conxunto miniprebenxamín, seguirán adestrando ata comezos de xullo para competir no V Memorial Heroes do Orzán (29 xuño-3 xullo, A Mariña-A Coruña), que organiza a Fundación Imdecum.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
